PLAN PROXECTA

CROSS PROVINCIAL- PDC- XOGADE.

O 1 de febreiro participou o alumnado clasificado na competición de "Campo a través" provincial, celebrada no parque de Castrelos, en Vigo.

O alumnado foi acompañado polas súas familias e a mestra de EF.

Tags: CAMPO A TRAVÉS, CROSS, Cross parque de Castrelos, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, Educación física

NADAL

Rematamos o 2019 con moita marcha! Bailando, tocando e cantando.

TALLER DE BAILE E DE MÚSICA UNIDOS

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL

 

 

 

 

 

Tags: Móvete +, Nadal, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Educación física

CAMPO A TRAVÉS _PDC

O 5 de decembro o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria participou na competición zonal de campo a través, celebrada na praia fluvial de Liñares. Esta actividade forma parte do PDC (Proxecto Deportivo do noso Centro) e está dentro do Plan Proxecta - XOGADE.

 

A maioría do alumnado participou correndo pero algunhas alumnas e alumnos fixeron de reportaxes (entrevistas, fotografías, vídeos), xa que arredor do deporte existen diferentes figuras: deportistas, entrenadoras, fisioterapeutas, reporteiras deportivas,...

 

Tags: CAMPO A TRAVÉS, CROSS, PLAN PROXECTA, Presentación, Xogade, Educación física

ATLETISMO EN PISTA PONTEVEDRA_ XOGADE

 

O 28 de maio rematamos as actividades do XOGADE participando no campionato de atletismo en pista provincial celebrado no centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra.

  

Tags: Atletismo en pista, PLAN PROXECTA, Presentación, Xogade, Educación física

MÓVETE + _ LETRAS GALEGAS

O 16 de maio realizamos diversas actividades para conmemorar o día das Letras Galegas (17 de maio).

Dende o "Móvete +" preparamos 2 bailes para amosalos nesta data tan significativa. 

 

Tags: Letras Galegas, Móvete +, PLAN PROXECTA, Presentación, Educación física

BÁMINTON _PDC_Proxecta-Xogade

Nas últimas semanas o CEIP Cabada Vázquez está participando no campionato zonal de Bádminton, a través do plan Proxecta-Xogade, dentro do noso PDC (proxecto deportivo de centro).

  • O 30 de abril xogou o alumnado de 3º e 4º.
  • O 2 de maio participou o alumnado de 6º (acompañado por nenos/as de 4º e 5º para completar equipos).

  • O 6 de maio tócalle ao alumnado de 5º.

 

O Alumnado informa que o están a pasar moi ben nestas actividades. Algún ata se prantexa inscribirse no club de bádminton para o próximo curso escolar. Risa

 

Tags: Badminton, PLAN PROXECTA, Presentación, Xogade, Educación física