Xaneiro 2017

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA VIDA SAUDABLE

A Xunta de Galicia ,en colaboración co programa Galicia Saudable e a consellería Deporte Galego, elaborou varios carteis, dípticos e paneis en xeral,.. informando dalgúns consellos para levar unha vida máis san. 

Expoñemos aqueles dedicados aos cativos/as entre 5 e 12 anos.

Premedendo na entrada atoparedes o arquivo en PDF

 

CLUB CICLISTA ESTRADENSE

No mes de decembro estiveron con nós os do club de ciclismo de A Estrada. Prepararon unha xincana para probar a nosa habilidade coas bicicletas.

Aquí tedes a Unai e Alex a piques de empezar o circuito.

PLAN PROXECTA

 

Comezamos unha nova andaina con este Blog de Educación Física para explicar as actividades que estamos a realizar neste curso dentro do PLAN PROXECTA.

CAMPO A TRAVÉS

 No mes de novembro participamos na actividade de campo a través enmarcada dentro do actividade "deporteescolar". Tivemos unha xornada de convivencia con outros centros e, aínda que non era o máis importante, obtivemos varias medallas nas distintas categorías.

BADMINTON

Durante os meses de xaneiro e febreiro organizamos no centro un Torneo de Bádminton durante os recreos. Participan tódolos alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º os luns e mércores. Tratando de buscar a maior participación cada un xogará alomenos 5 partidos.

 

 

Foto da primeira xornada