As Letras Galegas sempre supoñen un punto importante deaprendizaxe para o alumnado. Nesta edición, a Editorial Galaxia proporcionoulles a cada neno e nena de 3º a 6º de EP o libro “O violino de Luísa” que nos serviu como punto de partida para coñecer a autora homenaxeada: Luísa Villalta. Posteriormente, o alumnado de 1º a 6º asistiu ao Teatro Principal da Estrada para participar nunha representación de dito libro. A autora, xunto co seu compañeiro, animaron ás pequenas e pequenos a cantar e bailar con eles divertidas cancións que ata os fixeron levantar do asento!
Xa no centro, os libros de expurgo da biblio servíronnos para crear este fermoso mural coa técnica de mosaico da autora homenaxeada, que agora adorna a entrada do cole
Finalmente, todo o alumnado tivo que superar unha misión: xogar, por equipos mixtos, á CAZA DO TESOURO! O premio? Uns pins de violín creados, deseñados e impresos coa impresora 3D do cole!
Os grupos estaban compostos por alumnos desde os tres anos ata os maiores, e todos foron indispensables para pasar as probas: escribir en braille, construír figuras, xogar ao pasapalabra, identificar sons, ordenar as mulleres homenaxeadas ao longo dos anos...
A finalidade da actividade era coñecer a vida e obra de Luísa Villalta a través dos carteis que nos foran entregados da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Queredes ver as actividades? Dentro vídeo!
O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CO EQUIPO DE VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA, QUE FIXERON UN MAGNÍFICO TRABALLO CON TODO O ALUMNADO DO COLE PRESENTÁNDOLLE AS DIFERENTES ZONAS COAS QUE CONTAMOS, ADEMAIS DE EXPLICARLLE O FUNCIONAMENTO DO EMPRÉSTITO E O BO USO DA BIBLIOTECA.
GRAZAS POLO BO TRABALLO QUE LEVADES A CABO CADA DÍA.
AQUÍPODEDES VER A PRESENTACIÓN NA QUE SE APOIARON.
Un ano máis reivindicamos a eliminación da violencia contra as mulleres, para o cal desenvolvemos distintas actividades no centro, entre elas unha na que participou toda a comunidade educativa e na que tivemos unha colaboración moi especial que queremos compartir con vós.
A igualdade conséguese educando no respecto, a tolerancia, a empatía e o amor!
Todo o alumnado e profesorado do centro participou nun acto na aula de psicomotricidade onde o alumnado de 5º e 6º amosou lugares do mundo e situacións
nas que son vítimas nenas e nenos, non só nas guerras senón tamén na explotación de man de obra infantil, na fame, ...
Ademais dous alumnos ou alumnas de cada curso mencionaron o nome ea idade de nenos ou nenas xa tristemente falecidos por algunhas das razóns que
previamente se explicaron, co fin de concienciar ao alumnado da terrible situación á que moitos nenos e nenas do mundo están sometidos diariamente.
Para finalizar o acto, alumnado e profesrado, saíron ao patio unindo as súas mans con panos para facer unha gran roda mentres cantaa a canción "As cores da paz",
unha adaptación, feita pola mestra de música do noso centro, da canción do brasileiro Marcelo Serralva "Corda colorida".
Como xa sabedes, os protagonistas deste festival, tanto alumnado como profesorado, traballaron moito os días previos na elaboración
de máscaras, rabos, orellas, etc co fin de caracterizar as personaxes do Rei León.
Deste xeito Simba, Nala, Rafiki, Zazú, Mufasa, Timón, Scar e Pumba saíron desfilar acompañados de xirafas, leóns, cebras, guacamaios, panteras,
gacelas, elefantes e monos.
Acontinuación, todas estas personaxes colocáronse en círculos respetando o seu nivel educativo para representar a canción “Amawelé, Amawelé”.
Seguidamente, o alumnado de primaria a través de ritmos africanos representou as seguintes danzas:
-Funga Alafia (1º e 2º de educación primaria): canción e danza de saúdo extendida por todo o oeste de África (Nixeria, Liberia, Senegal, Ghana...) Alafia é un saúdo e Ashe significa algo equivalente a "que teñas saúde e paz".
-Zimbolé (3º e 4º de educación primaria): canción africana, posiblemente de Suráfrica.É unha canción moi sinxela peroestá chea de optimismo e enerxía. O seu significado é PAZ.
-Kwaheri (5º e 6º de educación primaria): Esta danza de Kenia significa "adeus" e está en suajili (unha lingua bantúe). Recibe este nome por tratarse dun canto ós que se foron e xa non van volver.
Para finalizar a xornada, o alumnado invitou ás familias a bailar con eles a canción que iniciaba o festival e formando unha gran roda ao son de “Amawelé, Amawelé”, unha gran parte da comunidade educativa do CEIP Cabada Vázquez desfrutou desta danza.
A festividade continuou con minutos de baile para alumnado, profesorado e familias.
Desde o Departamento de Cultura do Concello de A Estrada convidáronos a participar por terceiro ano consecutivo en “Dinamiza TV”, un programa de televisión protagonizado por centros de educación primaria e secundaria do Concello de A Estrada.
O noso centro participoua través de catro seccións diferentes:
a)“Vai unha historia” : o Entroido.
b)“En xogo”: o alumnado de 3º de educación primaria fixo unha mostra do uso do ioió.
c)“Cine en Galicia”: entrevista á actriz Cristina Collazo.
d)Recomendación lectora: o alumnado do club de lectura recomendará o libro “ A marabillosa medicina de George”.
Os nosos agradecementos a Paula e a Lucas pola gravación e montaxe!