FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 24-25Está aberto o prazo para formalizar a matrícula dende o 20 ao 30 de xuño. Os impresos estarán a disposición na secretaría e na páxina web do centro. O horario de atención ao público será de 10h a 13h de luns a venres.
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS CURSO 24/25
Xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores no curso 2024/2025. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o ANEXO II.
Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp
Poden entregar o ANEXO II presencialmente na secretaría do centro desde o 17 de xuño ata o 4 de xullo, ou por correo electrónico (ceip.cabadavazquez@edu.xunta.gal) ata o 1 de setembro.
O PRAZO REMATA O 1 DE SETEMBRO DE 2024
ANEXO II
SOLICITUDE PARADA
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025No DOG do venres, 20 de maio de 2024, saíu publicada a Orde do 7 de maio de 2024, na que se convocan axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial matriculado nos centros docentes sostidos con fondos públicos. Forma de presentación: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónioca da Xunta de Galicia, htps://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). PARA A PRESENTACIÓN NO CENTRO PODERÁN DESCARGAR OS ANEXOS I E II DIRECTAMENTE DA APLICACIÓN DE FONDOLIBROS E ENVIALA POLO ALUMNADO OU ACUDIR PRESENCIALMENTE, PARA O CAL DEBERÁN CHAMAR ANTES POR TELÉFONO. Prazo de presentación: O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído). |