You are hereSOLICITUDE AXUDAS DO FONDO LIBROS
SOLICITUDE AXUDAS DO FONDO LIBROS
FONDO LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2024/25)
* * *
Normativa da convocatoria
Prazos de solicitude
-Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 21 de maio e remata o día 21 de xuño (este incluído).
-Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo de 2025.
Lugares de presentación
-Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
-No propio centro.
-Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Documentación
a) Formularios Anexos I e Anexo II da Orde cubertos.
b) Documentación complementaria: especifícase no artigo 11 da Orde de convocatoria.
Máis información na páxina da sede electrónica.
Listaxes do Fondolibros
Listaxes provisionais. Publicaranse as listaxes da resolución provisional o día 12 de xullo no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Os participantes no proceso disporán de 2 días para facer alegacións contra as listaxes provisionais.
Listaxes definitivas. De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución definitiva o día 26 de xullo.
OS VALES DE MATERIAL
PODERÁN RECOLLELOS NO CENTRO
A PARTIR DO 26 DE XULLO
DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO
Os libros de texto obtidos do fondo solidario ou a través das axudas para material escolar deberán devolverse no centro en bo estado ata o 22 de xuño. A falta de devolución dos libros de texto será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.