NOVIDADES NO ESPAZO CREATIVO

SIIIIIII!!!!!!!

Por fin temos no espazo creativo da biblioteca a nova impresora 3D . A espera foi longa pero ...xa está no cole, lista para traballar.

Queremos agradecer a Carmen Sanmartín o seu traballo e as xestións levadas a cabo para que o profesorado recibiramos a formación e as impresoras chegaran ao seu destino.

Tamén queremos agradecer ao equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galiza que poidamos formar parte deste ambicioso proxecto de BIBLIOTCAS CREATIVAS e felicitalos polo seu traballo e dedicación.

Así, no espazo creativo da biblioteca podemos disfrutar dos escornabot, das tablets, mesas de luz ,de crebacabezas,  xogos matemáticos... e agora da impresora 3D.Todo o mundo a facer os seus diseños.