A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpora desde o curso 2005 o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) co fin de transformar as bibliotecas escolares en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
Nesta iniciativa participa o ceip plurilingüe benchoshey desde o curso 2014-2015. Para o curso 2017-2018 o número total de centros integrados neste plan son 646 (630 públicos e 16 concertados).
A incorporación a este plan supón un apoio extra por parte da Administración educativa para a actualización dos fondos bibliotecarios, a renovación do mobiliario e doutros equipamentos necesarios para a prestación dos servizos da biblioteca. De feito, Os centros que se integran neste programa reciben, ademais dos recursos económicos, formación, asesoramento continuado e acompañamento por parte da D.X. de Centros e Recursos Humanos, responsable do programa, a través da Asesoría de bibliotecas escolares; por outra parte, o profesorado responsable e coordinador dos equipos de biblioteca destes centros participa dun foro profesional no que se comparten informacións, experiencias e propostas de traballo ao longo do curso escolar.
Desde a biblioteca escolar procuramos un cambio metodolóxico , traballando mediante aprendizaxes baseados en proxectos. Cando o facemos todo o centro son proxectos documental integrado( PDI).
- 2014-15: a horta de bencho
- 2015-16: as olimpiadas no bencho
- 2016-17: benchoshey, territorio de arte
- 2017-18: emociónate na biblio
“El cerebro necesita emocionarse para aprender”. José Ramón Gamo(neuropsicólogo infantil )
Esperamos un curso cheo de emocións.