Skip to Content

Secretaría

PROCESO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

No seguinte enlace está publicada a Orde que regula o proceso de distribución de máscaras para o alumnado de Educación Primaria:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-061120-0002_gl.pdf

 

O prazo de solicitudes estará aberto durante 10 días hábiles dende o día seguinte ao da publicación (data límite de presentación o 26 de novembro).

 

As solicitudes están a vosa disposición no enlace anterior ou no centro escolar.

Documentación que se debe presentar:

-Anexo I

-Anexo II

- Copia do libro de familia

- Copia da sentencia de divorcio (de ser o caso)

- Copia do grao de discapacidade se é dun órgano distinto da Xunta de Galicia (de ser o caso)

- Copia da documentación xustificativa da violencia de xénero (de ser o caso)

 

Alumnado destinatario:

1- O alumnado matriculado en educación primaria que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21

 

2- O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar pero cumpre as seguintes premisas:

 

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (como calcular a renda per cápita e as persoas que forman a unidade familiar están establecidas na orde).

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Alumnado exento de presentar a solicitude no centro:

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21.

Distribuir contido


by Dr. Radut