Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

As mil e unha noites (11.12.2015)

 

Unha vez máis nos viñeron visitar os Ghazafelhos, esta vez para contarnos a súa versión da historia das mil e unha noites...

Esta compañía nunca defrauda e coma sempre, escachamos coa risa... ata ter maniotas!!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra para que entendades do que falamos.

 

   

   

 

Día "Espacial" en As Somozas (4.12.2015)

Os nen@s do CEIP da Igrexa, en As Somozas, convidáronnos no día de hoxe a visitalos.

Tíñan preparadas para nós unha chea de actividades sobre o seu proxecto do espazo.

Pasamos unha mañá estupenda... aprendimos máis cousas do Sistema Solar, fixemos un cohete de papel, pintamos un precioso mural, vimos como é o universo dentro dun planetario, vimos un traxe auténtico de astronauta... en fin, un montón de cousas!

Graciñas por convidarnos amiguiñ@s!! Sodes xeniais!!

 

   

   

 

Quilómetros de solidariedade

 

Como algúns de vós xa saberedes, dende o CEIP da Igrexa e o Concello de As Somozas, están a organizar unha carreira popular coa finalidade de recaudar fondos para a organización "Save the children".

A carreira celebrarase o vindeiro domingo día 29 de Novembro, a partires das 10:30.

Ademais de noutros lugares, podedes facer a inscrición no noso colexio ata o día 23, que será de 1€ para o menores de 16 anos e de 5€ para os maiores de 16.

Haberá distintas categorías segundo as idades e as distancias a percorrer.

Dende o noso cole animámosvos a participar... é por unha boa causa!!

Para máis información podedes dirixirvos, ademáis de a este centro, a:

     CEIP da Igrexa, en As somozas.

     CEIP San Ramón, en Moeche.

     O Barbeiro, en As Pontes.

Museo de Belas Artes de A Coruña (24.11.2015)

Pese a que caían chuzos de punta, hoxe viaxamos ata A Coruña para visitar o museo de Belas Artes.

Alí vimos un montón de cadros, pinturas e ata tapices. Algúns eran novos pero outros tiñan unha chea de anos.

Gustounos moito porque incluso poidemos participar das historias que contaban algúns dos cadros.

E ademais, ao final fixemos as nosas propias obras de arte!

Mirade a ver que vos parece...

   

   

   

Distribuir contido


by Dr. Radut