O mes de maio...o mes das flores e das letras...
A primavera está chegando ó cume:a floración dos vexetais corresponde aos días en que a natureza se amosa máis esplendorosa(…)A luz vencerá ás tebras, a primavera ao inverno” Clodio González Pérez.
Son distintas as manifestacións que se espallan pola nosa terra vencelladas ao ciclo de maio. Seguramente haiba quen acorde no noso concello, aínda que sexa coma se dun soño se tratara, o feito de ir pedir o guinaldo no mes de maio.
Na escola fixemos unha artistada con flores: unha alfombra chea de peixiños de cores que agardamos vos guste.