Skip to Content

PROXECTO: "A patrulla canina".

APARATO DIXESTIVO

Continuamos inmersos de cheo no proxecto dos cans, e nesta ocasión, fixemos unha parada para seguir investigando sobre os seus órganos vitais e, máis concretamente, sobre o estómago.

Como xa sabemos, o proceso dixestivo comeza na boca, polo que reproducimos a función de cada un dos dentes.

1º. Cortamos cos coitelos o pan como se fosen os dentes incisivos.

 

2º. Desgarramos coas mans para facer a tarefa dos caninos.

 

3º Trituramos coma os molares ata conseguir o bolo alimenticio.

 

A continuación,  misturamos o pan (bolo alimenticio) coa saliva (auga), xa que para pasar polo esófago ten que reblandecerse.

   

Buscamos, dentro da nosa boca, ese burato polo que se adentra o bolo alimenticio no esófago e que os cans teñen no mesmo lugar que nós.

 

A continuación, o bolo alimenticio que fixemos triturando o pan con auga (saliva) introducímolo no esófago e observamos como chegaba ao estómago.

IMPORTANTE!!! Temos que masticar ben, xa que senón podémonos atragantar.

 

 XA CO ESTÓMAGO DO "CANCIÑO" CHEO, NOS TAMÉN PROBAMOS O PAN!!!Vergoña

 

APARATO EXCRETOR.

O aparato excretor é o encargado de eliminar os residuos líquidos do corpo dos cans. Nosoutros fixemos os nosos propios residuos a partir de diferentes mezclas. QUÉ SUCIA QUEDOU!! Selado

 

 

Logo os riles (filtros) encargados de limpar a sangue fixeron a tarefa máis difícil. 

 

Finalmente, observamos como todos os líquidos "limpos" das filtracións íanse quedando retidos na vexiga (ese globo rosa que vedes ahí abaixo do tubo).

 

Finalmente, quixemos vacíar a vexiga para ver como de limpos saían os "ouriños" do noso "can". Igualmente, observamos os residuos nos riles.

                                   

 

LECTO - ESCRITURA.

Non todo van a ser obradoiros científicos, así que tamén realizamos un montón de lecturas para seguir afondando nos nosos coñecementos sobre o mundo dos cans. Velaquí tedes os nosos favoritos, os "libros dos maiores".

 

Igualmente, utilizamos revistas (algunhas máis científicas que outras) e, as cales, intentamos extraer todo o máximo. Así, realizamos un xogo de lecto - escritura dunha delas, que nos traía de cabeza e non eramos capaces de resolver. Porén, aínda que o fixemos en gran grupo, pouco axuda precisaron.

SODES UNHAS MÁQUINAS!!!

 

 

THE END.

Con todo o traballo de investigación realizado, tan só nos queda transcribir toda a información recollida para a sorpresa final.

 

 

CONTINUARÁ... Risa



book | by Dr. Radut