Skip to Content

Día de Rosalía de Castro. 24F

Desde a aula dos pitiños artistas, quixemos facer a nosa pequena aportación ó aniversario de Rosalía de Castro, a poetisa e novelista máis representativa da Comunidade galega. Así, durante varios días coñecimos aspectos da súa biografía, diferentes poemas e mesmo cancións coa letra dos seus versos.

Nesta liña, primeiro descubrimos o xove que era Rosalía de Castro o día da súa morte e buscamos ese número na recta numérica.

Pintamos o seu retrato...

 

E comezamos a escoitar algunha das súas poesías. Así, nos escollimos "Rosalía pequeniña" a cal desmenuzamos pouco a pouco.

Nun primeiro momento, realizamos a lectura da mesma interpretando o seu significado. Igualmente, escoitamos a mesma nunha cantiga, e durante moito tempo, estivemos enganchados a esas cancións que entoaban os versos de Rosalía de Castro....NON PEDÍAN OUTRA COUSA!

 En sesións posteriores, descompuxemos a poesía en estrofas e repartirmos a mesma para poñernos....MANS Á OBRA!!! Así, cada un debía ir recortando cada unha das palabras da súa estrofa e ir compoñendo novamente cada verso nunha pinga de auga. Neste sentido, adquirimos o concepto de estrofa, palabra e verso....CASE NADA!!!

 Unha vez composta novamente cada unha das estrofas, cada neno/a debía realizar un debuxo que representase o significado da mesma.

 

En sesións posteriores, compuxemos novamente as diferentes estrofas nun poema xigante, cál era o orde da mesma? Xa que se non as colocamos ben, a poesía perderá totalmente o seu significado.

Contamos as estrofas...

E xa só quedaba expoñer o noso traballo, xa que fixemos dúas artistadas...

E a segunda, para a cal pintamos unha nube para colgar as nosas pingas. De qué cor son as nubes se chove? Cómo obtemos o cor gris?

Un traballo que a simple vista parece doado, pero que leva ímplicito moitas pequenas tarefas detrás.

        

 

GRAN TRABALLO PITIÑOS!!!!



book | by Dr. Radut