Inmersos de cheo na Semana do libro, recibimos no noso centro a visita de Ánxela Loureiro, unha escritora do máis polifacética que inicia a súa andaina como escritora de teatro infantil. Máis tarde, aínda que continúa escribindo obras deste xénero, algunhas becadas pola Consellería de Cultura, a súa creatividade espallouna a outros xéneros como a poesía ou a novela.
A poesía, sempre vencellada á música, pois é autora de numerosas cancións polas que acadou varios premios no concurso Cantareliña e colaborou en diferentes publicacións e discos.
Estes últimos anos mergullouse no mundo do cine para o que escribiu varios guións cinematográficos dirixidos á infancia.
A súa profesión de mestra fai que colabore con relatorios e obradoiros en diversos foros educativos, que escriba artigos en revistas de carácter didáctico, que participe na elaboración de libros de texto ou que publique libros para o profesorado.
¡¡¡¡¡CASE NADA!!!!!!
Pois nós, tivemos o grande placer de disfrutar dela o pasado mes de Abril. Velaquí algunha mostra:
¡¡¡¡¡¡MILLÓNS DE GRAZAS ÁNXELA!!!!!!!