Skip to Content

AGRADECEMENTO DE LUZ MARTÍNEZ VILLAR

Con motivo da miña xubilación e despois de permanecer neste centro durante 30 anos, quero expresar o meu cariño e agradecemento para todos os compoñentes da comunidade educativa ó longo destes anos, a todos os compañeiros/as, ás distintas persoas que no seu momento estiveron relacionados dun xeito ou doutro co centro, tanto cociñeiros/as, colaboradores/as, ós distintos membros do consello escolar nos diferentes cursos escolares, a todos os pais, ANPAS etc. e tamén a todos os alumnos que pasaron polo colexio durante estes 30 anos dos que me sinto como un pequeno punto de partida das súas vidas, alegrándome dos seus triunfos e laiándome nos casos en que a vida non lles foi favorable.

Unha gran aperta para todos.

Luz Martínez Villar.



page | by Dr. Radut