PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024
FOLLA A CUMPRIMENTAR:
O modelo ED550A e os anexos estarán dispoñibles a partir da data de inicio do correspondente prazo de presentación: na aplicación admisionalumnado, na sede electrónica da Xunta de Galicia e no centro docente onde se facilitará, de forma gratuíta, unha copia en papel ás persoas interesadas que a soliciten.
FORMA DE PRESENTACIÓN:
Poderase presentar de forma electrónica e presencial.
a) Presentación electrónica de solicitudes:
1. A persoa solicitante ten que acceder á aplicación informática admisionalumnado
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumando) e cubrir o modelo ED550A - anexo I para o que necesariamente ten que dispoñer dun certificado de identidade e sinatura dixital (como o certificado da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre ou calquera outro admitido pola sede) ou un sistema de usuario e clave como a Chave365.
2. Ademais, terán que cubrir o modelo anexo I-bis ou o modelo anexo II-bis (comprobación de datos e consentimento), segundo corresponda, imprimilo, e unha vez asinado de forma manual pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, escanealo.
3. A seguir, a aplicación permite conectar coa sede electrónica da Xunta de Galicia para asinar e presentar a solicitude utilizando calquera dos medios de identidade e sinatura do punto 1. Xunto coa solicitude deberá achegar o anexo I-bis ou o anexo II-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas...).
4. O xustificante da presentación electrónica da solicitude só se xera cando a persoa a asine e a presente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e indica a data de presentación.
b) Presentación presencial de solicitudes:
1. A solicitude de reserva (ED550A) e o anexo I-bis, pode presentarse no centro docente no que estea matriculado nese momento o alumnado (neste caso o CEIP da Barqueira).
Tamén se pode presentar en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. Tamén deberá ir acompañada da documentación indicada no anterior punto 3 da letra a).
3. É necesario o consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.
En consecuencia, todas as solicitudes deben figurar asinadas por unha das persoas proxenitoras/titoras/acolledoras, e debe xuntarse a todas o documento asinado co consentimento da outra.
Non obstante, nos casos de ausencia puntual da outra persoa proxenitora non separada nin divorciada, ou da outra persoa titora ou acolledora por circunstancias excepcionais (laborais, familiares, ...), poderá admitirse a presentación dunha declaración responsable da persoa que asine a solicitude indicando o motivo que impida o consentimento expreso da outra.