O venres día 17 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Nesa semana seguimos os mandados do"meco" coma todos os anos.
Este curso puxemos como tema común o DEPORTE. Fomos desfilando polas rúas do pobo e logo tivemos festa no colexio, onde nos agardaban uns postres típicos (Filloas, orellas, rosquillas,..) riquísimos e elaborados en colaboración coas familias.
Coma anos atrás foi unha gran festa e pasámolo de maravilla.
O 22 de decembro, rematamos as clases. Pero quixemos celebralo como se merece: Veu Papá Noelo día anterior. Celebramos unha chocolatada navideña e por último alumnos e mestres actuamos no escenario para despedirnos ata o 2023.
O 28 de novembro de 2022, tivo lugar en Vimianzo unha exhibición solidaria da Garda Civil, onde participamos con outros centros educativos da nosa bisbarra.
Ensináronnos as distintas técnicas e ferramentas para protexer á cidadanía. E fixeron dúas exhibicións: Unha, de rescate en montaña, outra con cans adestrados.
Moitas grazas ás nosas forzas e corpos de seguridade!!
O Centro, en colaboración co Concello de Vimianzo organizamos unha serie de actividades educativas e lúdicas, para concienciarnos en contra da vilolencia de xénero.
reganizamos obradoiros con cada grupo para elaborar unha cometa, na que cada alumno/a portase unha letra para unha mensaxe común:
ERGUE AS TÚAS ÁS POLA LIBERDADE !!
O día 25 de novembro, voamos as nosas cometas, e ademáis axudáronos as familias. Moitas grazas a todos!! E en especial a Sergio, do Concello de Vimianzo, que foi o que ideou esta actividade.
O pasado 11 de novembro fixemos a primeira saída deste curso. Visitamos o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, onde Ricardo, o director do museo ensinounos como xogaban os nosos pais e os nosos avós.
Despois visitamos o Eco-museo do forno de Buño, no que aprendemos como era o oficio de alfareiro.