Skip to Content

COVID-19

AVISO CONTINUIDADE ESTADO DE ALARMA

Estimadas familias:

Mañá, martes 14 de abril de 2020, dará comezo o terceiro trimestre. Pero como continuamos co estado de alarma, as clases seguirán de maneira telemática ata que o indique a Consellería de Educación.

Non teremos clase presencial no centro educativo ata nova orde.

Un saúdo.

 

AVISO AVALIACIÒN ALUMNADO DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Estimadas familias,

Dada a situación na que nos atopamos debido á declaración do estado de alarma polo covid-19 (coronavirus); dáse por concluída a actividade avaliable deste segundo trimestre a día 13 de marzo de 2020.

Polo tanto, e baseándonos no traballo realizado ata dito día, as notas serán postas esta semana e publicadas o venres 3 de abril de 2020 por medio da plataforma abalar móbil.

Rogamos que todos aqueles pais ou nais que non dispoñan de abalar móbil, nos fagan chegar ao email do centro (ceip.asbizocas@edu.xunta.es) unha dirección de email para poder facer a entrega das notas dos seus fillos e fillas.

As notas en formato físico (papel) entregaranse en canto retomemos a actividade no centro educativo.

Moitas grazas

Un saúdo

INFORMACIÓN PARA FAMILIAS- PRÒRROGA DO ESTADO DE ALARMA

Infòrmase às familias de que se prorroga o estado de alarma quince dìas màis. Por este motivo (e se non houbese outras instrucciòs ao respecto) as clases presenciais reanudarìase o martes 14 de abril.

**Recomedamos encarecidamente às familias que non teñen abalar que permanezan atentos a esta web por se houbese algunha outra instrucciòn ou novidade. 

 

RECIBIDE UN AGARIMOSO SAÙDO E MOITO ÀNIMO A TODOS E TODAS!!

INFORMACIÓN PARA FAMILIAS- PANDEMIA COVID-19

Estimadas familias:

Seguindo as instruccións dadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación coa pandemia covid-19 (coronavirus), informamos de que non haberá clases dende o próximo luns 16. Esta suspensión da actividade nos centros educativos será, en principio, de dúas semanas, polo que nun principio volveriamos o luns 30 de marzo de 2020.

Os mestres/as enviarán tarefas ao alumnado a través da páxina web do centro ou poñéndose en contacto coas familias por abalar.

Como as novas sucédense rapidamente, se xurdira calquera cambio informaremos mediante a páxina web do centro e Abalar. Ante calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro educativo no horario normal de apertura.Lembramos o contacto do centro:

TELÉFONO: 886 151 972

CORREO ELECTRÓNICO: ceip.asbizocas@edu.xunta.es

Un saúdo.

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

O Concello de O Grove achéganos a seguinte información sobre o coronavirus. Para acceder ao documento premer na seguinte ligazón:

 

https://drive.google.com/file/d/1-RL1mHAVlFIwcFQgecFajuPl-ArOSVpR/view?usp=sharing

Distribuir contido


by Dr. Radut