AVISO AVALIACIÒN ALUMNADO DURANTE O ESTADO DE ALARMA
Estimadas familias,
Dada a situación na que nos atopamos debido á declaración do estado de alarma polo covid-19 (coronavirus); dáse por concluída a actividade avaliable deste segundo trimestre a día 13 de marzo de 2020.
Polo tanto, e baseándonos no traballo realizado ata dito día, as notas serán postas esta semana e publicadas o venres 3 de abril de 2020 por medio da plataforma abalar móbil.
Rogamos que todos aqueles pais ou nais que non dispoñan de abalar móbil, nos fagan chegar ao email do centro (ceip.asbizocas@edu.xunta.es) unha dirección de email para poder facer a entrega das notas dos seus fillos e fillas.
As notas en formato físico (papel) entregaranse en canto retomemos a actividade no centro educativo.
Moitas grazas