Skip to Content

CONVIVE

20 N. DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

20 N é un día moi especial para todas as nenas e nenos do mundo.

Ese día no ano 1959 aprobouse a Declaración dos dereitos das nenas e dos nenos por unanimidade por todos os paises da ONU.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidxs, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Equipo de Convivencia do Centro propuxo ó alumnado a lectura e decoración por estrofas deste poema de MARÍA ALONSO SANTAMARÍA onde se fala destes dereitos. Co traballo de cada aula fixeron este fermoso video poema que, en formato libro tamén, quedará exposto na Biblioteca do Centro.  

BO TRABALLO!!!

IMAXES DAS XORNADAS DE BALONMÁN

Remataron estas xornadas nas que o noso alumnado de Infantil e primaria coñeceu e puxo en práctica o balonmán.

Estas xornadas leváronas a cabo de xeito conxunto o MECALIA  ATLÉTICO GUARDÉS  e o ATLÉTICO NOVÁS.

Estiveron presentes os dous coordinadores da canteira Fabio Lima do Guardés e César Armán do Novás. Con eles tamés estivo a porteira do Guardés, Miriam Sempere.

Aquí deixamos imaxes...canto desfrutaron!!! Graciñas!!!

PATIOS ACTIVOS

Organizado pola profe Lucía Lima e polo profe Noel, o alumnado vai desfrutar este curso de PATIOS ACTIVOS durante o tempo do recreo. 

Cada grupo clase levará unha caixa con distintos xogos: populares, de baile, de expresión corporal, propios da área de Educación Física, xogos de mesa adaptados e deportes alternativos.

 

Ademáis levan en cada unha as instrucións de uso :

 As caixan cambiaranse semanalmente sendo responsabilidade de todas as nenas e nenas da aula do seu coidado. O profe Noel estase encargando da súa explicación á que os rapaces/as asisten sen perderse nadiña do que explica, moooi atentos/as.

Estupenda iniciativa da que desfrutarán moitoooo!!!

FOTOS GRUPAIS DE PRINCIPIO DE CURSO

E chegou o día tan esperado!!! Gañas de ver ós compis, de ver o cole con ventás novas, de comprobar canta luz hai, de coñecer as mestras e mestres...

Imaxes fermosas, cariñas felices...Benvidxs ó cole nenxs!!!

 

ACTIVIDADE DE CONVIVENCIA CON AVELAIÑA

O Centro leva anos colaborando coa asociáción AVELAIÑA da Guarda que ten como obxectivo potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental, mediante a mellora da súa calidade de vida e dos seus familiares.

(https://xn--avelaia-9za.es/contacto/)


Esta vez foi o alumnado de 5 anos o que se achegou ata a súa sede onde estaba organizada unha actividade de convivencia e inclusión que todxs, alumnado e adultos desfrutaron e gozaron.

Decoraron macetas...

 

Plantaron uns amorodos...

  E que mellor cousa para rematar que merendar xuntxs e convivir!!!

Mil graciñas por deixarnos vivir estas experiencias que nos axudan a medrar nun mundo máis xusto e mellor!!!

IMAXES DO DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Empatía, porse no lugar dos demais,tolerancia, respectando as diferenzas, comunicación dos problemas, confianza para contalos...e nunca nunca mirar para outro lado se ves que alguén que tes cerca ten dificultades.

Despois de traballar nas aulas para intentar concienciarnos deste problema que afecta á nosa sociedade actual, o alumnado da Sangriña di alto e ben claro:

"STOP ACOSO ESCOLAR"

                                                       

2 MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O Día Internacional contra O acoso escolar, coñecido tamén como Día contra o Bullying  conmemorase o 2 de maio. Esta iniciativa, nacida no ano 2013 foi aprobada pola UNESCO o mesmo ano, coa fin de axudar á concienciación deste problema. Trátase  dunha campaña de concienciación sobre o problema que afecta a millóns de escolares do mundo.

Bullying ou acoso escolar.

 O bullying é definido como a inxustiza ou abuso de poder que sofren os escolares nas aulas. Os nenos e nenas que  sofren acoso escolar por parte  doutros estudantes ou son testigos de situacións de violencia de forma reiterada teñen un menor rendimento académico a corto e  a longo plazo.

 O acoso escolar pode ocurrir física, verbal e/o socialmente. Tamén pode darse a través das redes sociais ( neste caso falamos de ciberacoso).

Por iso é clave que profesorado, alumnado e familias sexan capaces de identificar unha situación de acoso e actuar de inmediato. Entre todos debemos priorizar que nosos fillos/as aprendan a resolver situacións dun xeito non violento, sen imposicións nen coaccións e a través da negociación e a inclusión.

Dende o CONTRATO PROGRAMA Convive e Convivencia propóñennos o visionado de varias curtas para reflexionar sobre este problema:

Para 1º/2º/3º/4º un par de curtas:

Lou” de Pixar.

“Piedra, papel y tijeras”

  

Para traballar nas aulas temos actividades de nivel básico e nivel avanzado no seguinte blog:

https://unapizcadeeducacion.com/blog/

Para o alumnado maior de 5º e 6º:

O videoclip do grupo” Furius monkey house”, coa canción “Run”: 

 Rematamos cun rap  de "El Langui" contra o acoso escolar...SE BUSCAN VALIENTES para que non miremos para outro lado!!!

 

A SANGRIÑA "BERRA"...NON Á GUERRA!!!

A profe Chus de Relixión, propuxo ó seu alumnado facer mensaxes de paz e contra esta terrible e sin sentido guerra que asola o noso mundo.

Esto foi o que lles propuxo...

Foron sumándose alumnado de todos os cursos, non so os que asisten a Relixión, deixando moooitaaas pegadas con mensaxes ben fermosos, cheos de esperanza e ánimos, saídos do corazón das nenas e nenos da Sangriña que locen con orgullo no corredor do segundo andar...

E aquí quedan detallados, alto e ben clariño. É a voz do noso alumnado contra a guerra: 

CELEBRANDO A PAZ 2022

O 30 de xaneiro celébrase o DÍA MUNDIAL DA PAZ.

Dende EXTRAESCOLARES e CONVIVENCIA propuxeron varias actividades para o alumnado:

1) UNID@S POLA PAZ: Escribiron lemas ou propósitos en tiras de papel que deixamos abertas para unilas a continuación curso a curso nunha gran cadea que loce fermosa na entrada do Centro.

 

 2) POMBAS CON MENSAXE: En cada prego do abano da pomba escribiron palabras relacionadas coa PAZ.

 

3)CHAPAS: Convertiron o seu debuxo en chapa...maxia!!!!

 

Facendo un recorrido polo Centro, atopamos moitos traballiños orixinais e fermosos que fixeron as distintas titorías para traballar este tema tan importante...

QUE TODOS OS DÍAS SEXAN DE PAZ!!!!

Imaxes 20 N Día mundial da infancia.

Desde o Contrato programa CONVIVE propuxéronos vir ó cole en pixama...non, non era un disfrace!!! A intención foi a de visibilizar a realidade das nenas e nenos que medran sen familia e así crear conciencia no noso alumnado.

Aquí deixamos as imaxes:   

  

Distribuir contido


by Dr. Radut