BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
2 MAIO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O Día Internacional contra O acoso escolar, coñecido tamén como Día contra o Bullying conmemorase o 2 de maio. Esta iniciativa, nacida no ano 2013 foi aprobada pola UNESCO o mesmo ano, coa fin de axudar á concienciación deste problema. Trátase dunha campaña de concienciación sobre o problema que afecta a millóns de escolares do mundo.
Bullying ou acoso escolar.
O bullying é definido como a inxustiza ou abuso de poder que sofren os escolares nas aulas. Os nenos e nenas que sofren acoso escolar por parte doutros estudantes ou son testigos de situacións de violencia de forma reiterada teñen un menor rendimento académico a corto e a longo plazo.
O acoso escolar pode ocurrir física, verbal e/o socialmente. Tamén pode darse a través das redes sociais ( neste caso falamos de ciberacoso).
Por iso é clave que profesorado, alumnado e familias sexan capaces de identificar unha situación de acoso e actuar de inmediato. Entre todos debemos priorizar que nosos fillos/as aprendan a resolver situacións dun xeito non violento, sen imposicións nen coaccións e a través da negociación e a inclusión.
Dende o CONTRATO PROGRAMA Convive e Convivencia propóñennos o visionado de varias curtas para reflexionar sobre este problema:
Para 1º/2º/3º/4º un par de curtas:
Lou” de Pixar.
“Piedra, papel y tijeras”
Para traballar nas aulas temos actividades de nivel básico e nivel avanzado no seguinte blog:
https://unapizcadeeducacion.com/blog/
Para o alumnado maior de 5º e 6º:
O videoclip do grupo” Furius monkey house”, coa canción “Run”:
Rematamos cun rap de "El Langui" contra o acoso escolar...SE BUSCAN VALIENTES para que non miremos para outro lado!!!