ECOPERCUSIÓN

OBRADOIRO DE ECOPERCUSSIÓN

O pasado luns 10 de xaneiro, o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou un obradoiro de Ecopercussión impartido polo músico Didier Díaz.

Nesta actividade, as alumnas e alumnos descubriron a posibilidade de crear instrumentos a través de material de refugallo e o seu uso instrumental. Ademais, aprenderon a técnica de agarre das baquetas e o seu golpeo, así como a execución colectiva de ritmos divididos en diferentes planos sonoros. A sesión terminou unha vez aprendido os ritmos por seccións e executándoos de forma simultánea a través dun ensamble de "ecobatucada" que soou de marabilla.

Aquí deixamos unha pequena mostra da sesión:

Distribuir contido