Rosalía
ROSALIANDO DEREITOS
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Dom, 24/02/2019 - 11:28PRA HABANA
Achégase o 24 de febreiro e é un auténtico pracer escoitar declamar na nosa fermosa lingua a poesía da nosa escritora máis ilustre. Rosalía forma, xa, sen lugar a dúbidas, parte das vidas do alumnado de A Pedra, pois cada ano eliximos un poema seu para recitalo.
Este ano, como xa repetimos en infinidade de ocasións, o proxecto anual xira ao redor dos DEREITOS HUMANOS polo que o poema elixido foi PRA HABANA, incluído dentro de CANTARES GALLEGOS. Denúnciase nel a miseria do pobo galego, que fai que moitos homes se vexan abocados á emigración. Rosalía reclama o DEREITO Á VIVENDA, O DEREITO A TER UN TRABALLO DIGNO, O DEREITO A CIRCULAR LIBREMENTE POLO MUNDO, O DEREITO Á FAMILIA. Podería ser un poema do século XXI, pois as reivindicacións actuais seguen a ser as mesmas.
Nos seguintes vídeos poderedes comprobar o esforzo de toda a rapazada recitando, representando, cantando rapeando ou con linguaxe de signos esta fermosa poesía.
Algúns fixeron un anaquiño pequeno e os máis atrevidos atrevéronse co poema completo.
Algúns fixeron un anaquiño pequeno e os máis atrevidos atrevéronse co poema completo.
Empezamos polos maiores do cole.
6º de primaria Rosaliando "Pra Habana":
5º de primaria Rosaliando "Pra Habana":
4º de primaria Rosaliando "Pra Habana":
3ºA de primaria Rosaliando "Pra Habana":
3ºB de primaria Rosaliando "Pra Habana":
2º de primaria Rosaliando "Pra Habana":
1º de primaria Rosaliando "Pra Habana":
6ºB de infantil "Furabolos" Rosaliando "Pra Habana":
6ºA de infantil "Pelouros" Rosaliando "Pra Habana":
5ºA de infantil "Trasnos" Rosaliando "Pra Habana":
5ºB de infantil "Trasnos" Rosaliando "Pra Habana":
4º de infantil "Laretas" Rosaliando "Pra Habana":
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR POR ESTE FERMOSO TRABALLO !
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!