VISITA DA ASOCIACIÓN JUAN XXIII

O alumnado de sexto de primaria recibiu unha charla moi enriquecedora.

Raquel e Sergio, psicóloga e alumno do centro Juan XXIII de Pontevedra, ensináronnos moitas cousas sobre as persoas con discapacidade e desmentiron tamén moitos mitos sobre elas.

A través de diversas explicacións con apoio visual e grazas á experiencia persoal de Sergio, fixéronnos a todos reflexionar e cambiar a nosa forma de ver a discapacidade.

Agora, agardamos ansiosos o noso próximo encontro, que será desta vez, no seu centro en Pontevedra.