biblioteca
EVA MEJUTO VISÍTANOS NO BIBLIOCASTELO
Enviado por Macu Rodríguez o Dom, 12/06/2022 - 23:05
EVA MEJUTO VISITOUNOS NO BIBLIOCASTELO
Este luns por fin recibimos a ansiada visita de Eva Mejuto ao noso Bibliocastelo!
Foi un pracer coñecela e compartir con ela un anaco no que nos contou un importante segredo!!
Nós falámoslle do traballo de investigación que levamos a cabo grazas a elas e Eva explicounos que ten en mans un novo proxecto!!! Tamén de personaxes que viaxan, como as Gatiñas; pero, como aínda non ten todas as ideas moi claras, pediunos que a aconsellásemos sobre as diferentes posibilidades entre as cales escoller protagonistas, lugares de destino... e, bueno... ideas ocorréronsenos... a moreas!!!!! Non sabemos con cales decidirá quedar; pero... falar, falamos dunha chea delas!!!
Despois, foi moi moi moi amable e asinounos os libros todos, un por un!!!
FOI MOI SIMPÁTICA, MOI PACIENTE E MOI AMABLE!!!!
Agardamos que volva pronto!!! O seu libro das gatiñas encantounos!! Descubrimos con elas un montón de lugares fermosísimos que non coñeciamos!!!
MOITAS GRAZAS, EVA , POLA TÚA PACIENCIA E SIMPATÍA!!! ENCANTOUNOS COÑECERTE!!!
O PROFE ARTURO EXPLICOUNOS COMO ERAN AS ESCOLAS DE ANTES
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 07/06/2022 - 23:05
COÑECEMOS O PROFE ARTURO, UN MESTRE SABIO QUE NOS EXPLICOU COMO ERAN AS ESCOLAS DE ANTES!!
Mércores, 8 de xuño.
Esta mañá coñecemos a Arturo, un mestre sabio, que impartiu clases no noso cole durante moitos anos e coñece moi moi ben a historia da nosa escola.
Coincidindo co quincuaxésimo aniversario do noso cole, veunos explicar como eran as primeiras escolas que houbo en Bueu.
Contounos unha chea de cusriosidades!! En lugar de haber un único edificio con aulas, había unha morea delas repartidas en diferentes casas das parroquias ( en Bueu, en Cela, en Beluso...). Non había cuartos de baño!! Tiñan que usar a corte dos animais; que habitualmente, estaban no andar de abaixo!! apenas había libros, para facer as tarefas da escola, xs cativos usaban pizarríns e o no pouco papel do que se dispoñía, escribíase con pluma!!
As nenas e os nenos estudaban por separado e mesmo lles ensinaban cousas distintas!! A eles, matemáticas, ciencias e tecnoloxía; e a elas, a coser, a bordar..QUE INXUSTO!!
Aló polos anos 70, cando se construíu o noso cole, construíron tamén o de Cela e mais o de Beluso e as cousas foron comezando a mellorar. Xa se mesturaban xs nenxs. Había moitísimxs alumnxs; eran case 1000!!! Pero, a biblio non semparecía en nada ao noso Bibliocastelo e os patios, tampouco!!
Hai que ver canto cambiou a escola e canto melloramos...!! Está ben sabelo!! Así, aprenderemos a coidar máis o que temos!!
MOITAS GRAZAS, PROFE ARTURO
POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!!
VISITAMOS O MUSEO MASSÓ
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 06/06/2022 - 23:05VISITAMOS O MUSEO MASSÓ
Este luns, 6 de xuño, visitamos o Museo Massó.! Preparáronnos dous obradoiros interesantísimos!!:
· “OS TESOUROS DO GALEÓN AFUNDIDO”
· “XULIO VERNE NA SALA DA NAVEGACIÓN”
Ambos estaban relacionados co que aprendemos no noso proxecto do libro das 10 GATIÑAS VIAXEIRAS de EVA MEJUTO!!
Historias do fondo do mar, en submarinos que aínda non existían, como o do CAPITÁN NEMO...
Xs arqueólogxs do Museo explicáronos en que consiste o seu traballo; o complexo e delicado que debe ser; aínda máis cando fai nos fondos mariños. Ensináronnos un escafandro auténtico co que hai máis de 100 anos os mergulladores “camiñaban baixo as augas”....
Sorprendéronnos cunha chea de segredos sobre as viaxes que desde as Américas facían os galeóns do reino de Castela.
Relatos verdadeiros de tesouros, corsarios ( que non piratas!! ) e batallas navais como a de Rande, acontecida en 1702, na ría de Vigo.
Ensináronnos como eran por dentro, aqueles enormes barcos! Tamén nos explicaron que a raíña de Inglaterra contratara os corsarios para que abordasen os navíos españois porque este era o único país que tiña derito a comerciar coas Américas.
Ademais, amosáronnos na SALA NOBRE algúns dos tesouros do museo: mapas, instrumentos de navegación e armas antiquísimos, maquetas de barcos...
Ah!! E tamén xogamos a descubrir obxectos agochados!!
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
ENCANTOUNOS A VISITA!!!
8 DE MARZO, MULLERES SENLLEIRAS!!
Enviado por Macu Rodríguez o Mér, 09/06/2021 - 07:27
Esta actividade que levamos a cabo co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER cumpre unha dobre función; ten as mulleres como protagonistas e desenvolve varios ODS.
Un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) traballados ao longo deste curso, concretamente o 15, está relacionado coa Vida e ecosistemas terrestres. Neste sentido, as abellas teñen un papel fundamental nos ecosistemas xa que a produción da alimentación e a biodiversidade mundial depende delas.
Igual que as abellas son indispensables no equilibrio dos ecosistemas e na subsistencia da humanidade, as mulleres tamén o son. Elas adquiren un papel fundamental nos ODS. Boa parte destes obxectivos recoñecen especificamente a igualdade e o empoderamento das mulleres. Se logramos a igualdade no acceso á educación, á atención médica, un traballo digno e poder de decisión nas esferas política e económica, impulsarase o desenvolvemento sostible e beneficiarase á humanidade no seu conxunto.
Por este motivo, as mozas e mozos de 6º de Primaria fixemos un labor de investigación e procuramos información para redactar as biografías de diversas mulleres senlleiras do noso país, entre as que destacan grandes científicas, educadoras, deportistas, periodistas, escritoras, políticas, gaiteiras, cantautoras...
Para rematar, elaborarmos un panal cos nomes, as biografías e as fotografías destas importantes mulleres que xa forman parte da historia.
Velaí o tendes!!
Booktrailers
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 08/06/2021 - 13:01Aquí tendes algúns dos booktrailers que realizamos.
A ver se vos gustan!
DÍGOCHO EU!
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 07/06/2021 - 22:04
E por fin chegou o día en que gravamos as nosas achegas ao "DÍGOCHO EU!" da Pedra!!!
Isto de estar en sexto é unha liada tremenda!! Sempre andamos enredadxs en mil cousas e non damos feito...!
A tarefa comezámola hai un par de semanas, cando, na clase de lingua galega estudamos as características dos textos teatrais.
Logo, puxémonos mans á obra para redactar, por equipos, o que naceu con forma e estrutura de peza teatral para rematar por converterse en guión cinematográfico!!!
Pois, o dito, unha vez redactados, deseñamos os “story board” correspondentes e... A GRAVAR!!!
A verdade é que o pasamos xenial!!!
E ademais, aprendemos vocabulario en galego; que boa falta nos fai...!!! DÍGOCHO EU!!!
Velaí os tendes! A ver que vos parecen!!
"DÍGOCHO EU!" de Andrea,Aroa,Naiara e Clara.
Dígocho eu! de Mariña, Catalina e Daniela
Dígocho eu! de Gael e Mateo
Dígocho eu! de Mario A. Mario B., Cristian, Nicolás e Matías
APRENDEMOS A CREAR BOOKTRAILERS!!!
Enviado por Macu Rodríguez o Xov, 03/06/2021 - 22:37
Ola a todxs!!!
HOXE XS DE 6º VIVIMOS UNHA EXPERIENCIA EXTRAODINARAI!!
Pasámolo xenial aprendendo a crear BOOKTRAILERS a partir das recensións literarias que escribiramos co gallo do Día Internacional do Libro!!!
Resulta que, como xa sabedes, durante os recreos formamos equipos de auxiliares de biblioteca para axudar un pouquiño a Papirus con todo o traballo da xestión de préstamo de libros. Ben, pois, desde o programa de BIBLIOTECAS SOLIDARIAS recoñecéronnos eses labor de VOLUNTARIADO DE LECTURA A e agasalláronnos unha xornada de formación audiovisual para crear os BOOKTRAILERS dos que vos falamos.
Tivemos a axuda de dous técnicos audiovisuais, MARÍA e ROI, que nos ensinaron a levar a cabo o proceso completo; desde os apuntamentos das primeiras ideas que habemos contar na nosa montaxe, pasando pola gravación de vídeos, audios e fotos, ata a edición da composición final.
Empezamos cunha breve explicación na que nos indicaron os pasos a seguir, trala cal nos amosaron varios exemplos de booktrailers elaborados por rapazada doutros coles para que nos servisen de inspiración.
Logo, puxémonos mans á obra para deseñar o STORYBOARD, que ven a ser algo así como un guíón cinematrográfico con anotacións teatrais e formato de cómic (unha viñeta por cada escena), onde se representa cantas escenas imos gravar e que vai suceder en cada unha delas.
Cando xa tiñamos claro que iamos dicir en cada parte da gravación, quen falaría, que combinacións de vídeos, fotos, debuxos ou que elementos de atrezzo habiamos empregar, pasamos á fase máis divertida: gravar!!!! OCUPAMOS O COLE ENTEIRO!!!! A BIBLIO, O COMEDOR, A PISTA DE FÚTBOL, OS CORREDORES, VARIAS AULAS...!!!!UNHA REVOLUCIÓN...!! E...QUE RISA...!!! HOUBO QUE REPETIR TOMAS PORQUE NOS TRABUCABAMOS OU, DE SÚPETO, ABRÍA ALGUÉN A PORTA...!!!
Despois disto, veu a parte técnica; unificar, editar e darlle forma definitiva á nosa RECOMENDACIÓN LITERARIA!!!
QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDEMOS!!!!
Velaquí vos deixamos algunhas fotos para que lles botedes un ollo.
MAÑÁ SUBIREMOS OS TRAILERS, A VER SE VOS GUSTAN!!!!
Unha visita xenial
Enviado por Anónimo o Lun, 09/03/2020 - 20:09O venres recibimos a visita de Benxamín, que veu contarnos un montón de cousas interesantes sobre os xenios. En 3º todos estamos lendo ‘Mi hermano el genio’, de Rodrigo Muñoz Avia, así que a visita veunos de marabilla.
Durante o rato que pasamos con Benxamín falamos de todo tipo de xenios: dos que viven dentro das lámpadas marabillosas, de Mozart e mesmo do xenio das palabrotas (pero non vos preocupedes, que non escoitamos nin dixemos ningunha).
Por se iso fose pouco, Benxamín demostrounos que é moi doado debuxar unha cara moi ben feita pintando só unhas cantas froitas: un limón para a cabeza, unhas ameixas para os ollos, un amorodo para o nariz, un plátano coma boca... e listo! Mesmo nos fixo un retrato a algún de nós.
Tamén nos contou unha historia divertidísima (a do xenio das palabrotas) e nos explicou por que os debuxos animados teñen as proporcións que teñen habitualmente. Foi todo moi curioso.