ler

Unha visita xenial

O venres recibimos a visita de Benxamín, que veu contarnos un montón de cousas interesantes sobre os xenios. En 3º todos estamos lendo ‘Mi hermano el genio’, de Rodrigo Muñoz Avia, así que a visita veunos de marabilla.

Durante o rato que pasamos con Benxamín falamos de todo tipo de xenios: dos que viven dentro das lámpadas marabillosas, de Mozart e mesmo do xenio das palabrotas (pero non vos preocupedes, que non escoitamos nin dixemos ningunha).

Por se iso fose pouco, Benxamín demostrounos que é moi doado debuxar unha cara moi ben feita pintando só unhas cantas froitas: un limón para a cabeza, unhas ameixas para os ollos, un amorodo para o nariz, un plátano coma boca... e listo! Mesmo nos fixo un retrato a algún de nós.

 

Tamén nos contou unha historia divertidísima (a do xenio das palabrotas) e nos explicou por que os debuxos animados teñen as proporcións que teñen habitualmente. Foi todo moi curioso.

Distribuir contido