MÚSICA

TAREFAS DE COMEZO DO TERCEIRO TRIMESTRE - MÚSICA

Estimadas familias,

Co comezo do novo trimestre, adxunto partituras novas para ir traballando durante estas semanas. No caso dos cursos que aínda non traballan coa frauta (primeiro e segundo) anímovos a seguir repasando as actividades da páxina web, á que irei engadindo novas ligazóns nos próximos días. 

Déixovos de novo a ligazón da web:

https://ceipapedramusica.wordpress.com/2020/03/18/actividades-online-por-cursos/

Ánimo a todas e todos!

ACTIVIDADES DE REPASO DE MÚSICA

Estimadas familias,

Adxunto nesta entrada un PDF coas diferentes webs nas que o alumnado pode realizar exercicios de repaso da materia de Música, xa que temos constancia de familias que non son capaces de entrar na ligazón da web de Música que creei. Lembren que son actividades voluntarias para levar a cabo durante estas semanas e que é recomendable cinguirse á segmentación por cursos especificada no documento, aínda que os alumnos dos últimos cursos, unha vez realicen todas as actividades correspondentes ao seu nivel, poden repasar outras de cursos previos se así o desexan. 

Se queredes probar a entrar na web, pulsade aquí

Lorenzo Chedas.

OBRADOIRO DE ECOPERCUSSIÓN

O pasado luns 10 de xaneiro, o alumnado de 5º de Educación Primaria realizou un obradoiro de Ecopercussión impartido polo músico Didier Díaz.

Nesta actividade, as alumnas e alumnos descubriron a posibilidade de crear instrumentos a través de material de refugallo e o seu uso instrumental. Ademais, aprenderon a técnica de agarre das baquetas e o seu golpeo, así como a execución colectiva de ritmos divididos en diferentes planos sonoros. A sesión terminou unha vez aprendido os ritmos por seccións e executándoos de forma simultánea a través dun ensamble de "ecobatucada" que soou de marabilla.

Aquí deixamos unha pequena mostra da sesión:

Distribuir contido