CHAPUZANDO NA PISCINA
No terceiro trimestre o alumnado do 2º e 3º ciclo decidimos facer unha visita ás instalacións da Piscina Municipal de Bueu. Cargamos a mochila ao lombo, cun bañador, unha toalla, un gorro... e aló fomos todos-as xuntos-as andando ata a piscina.
Os primeiros en baixar foron os de 4º de E. Primaria, o luns en dúas quendas.
O mércores tocoulles a vez ós maiores, os de 6º E. Primaria.
O xoves os de 5º e para rematar esta tanda o luns 24 cos máis pequenos os de 3º de E. Primaria.
Para algúns era a súa primeira vez e os nervos afloraban. Ao chegar distribuíronnos en dous vestiarios onde nos preparamos para mergullarnos e gozar da auga quente. Alí un monitor explicounos como realizar a respiración baixo a auga, que estilos había, como lanzarnos, por onde tiñamos que facer o percorrido.... Rematamos a actividade cun xogo e a recollida do material. Só nos quedaba darnos unha ducha para sacar o cloro, cambiarnos e voltar secos ao colexio para seguir co resto das clases. Esperamos poder repetir outro día. Grazas Diego, Cristian e Ana.