Actividades interesantes que levamos realizando ao longo do curso en 6º

Antes do Nadal a Asociación Érguete deunos unhas charlas sobre as condutas aditivas ás substancias tóxicas e durante o mes de maio serán sobre as adicións ás novas tecnoloxías.

O 8 de novembro recibimos, nas aulas de 6º, a membros do equipo

directivo do Xoán Carballeira que nos deron unha charla sobre como funciona o Instituto.

O 9 de novembro celebramos o Magosto e o 8 de novembro visitamos o Clube de Remo con Goretti, a profe de Educación Física, e probamos as diferentes actividades que alí se realizan.

O 23 de novembro, Pedro Meira Rodríguez, arquitecto e gañador, xunto co seu equipo de máster, da Novena edición do Premio Playstation, co xogo Balam (Bounce Hell, un orixinal título de estilo bullet hell, acadou facerse co galardón ao Mellor Xogo do Ano) deunos unha interesantísima charla sobre como se crean os videoxogos.

O 1 de decembro realizamos unha divertida actividade de Igualdade de Xénero proposta polo CIM.

O 21 de decembro tivemos un interesante obradoiro sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas no que se falou do cormorán e de diferentes especies acuáticas e terrestres das Illas.

Aprendemos tamén a facer un “Bocata Saudable” empregando alimentos enlatados.

O 23 de xaneiro realizamos unha visita ao Instituto Xoán Carballeira onde fomos moi ben recibidos por membros do profesorado, equipo directivo e antigos alumnos que nos ensinaron o centro en pequenos grupos.

O 7 de febreiro, Mariña, Ofelia, Carmen Castro e Noa fixeron unha lectura e interpretación do conto “un máis” á rapazada de 4 e 5 anos de Infantil.

O 13 de febreiro fomos, de público en directo, a un programa de

radio da Cadea Ser no Instituto Xoán Carballeira e gañamos unhas

empanadas que os nenos e nenas saborearon nun recreo.

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido cos traxes

realizados no cole. Fomos de pezas de Xadrez.

O 6 de marzo coñecemos e practicamos Gospel da man de Diana que nos ensinou a facer quecementos coa voz e despois divertímonos moito cantando. Moitas grazas!!

Practicamos os xogos polo Día 8 de marzo, o día 10 de marzo, “Xogos pola Igualdade” organizados polo Concello en colaboración coa Asociación Juan XXIII.

E este trimestre xa vén rebosante doutras moitas e

interesantes actividades!!

Un saúdo que axiña continuamos!