Información e material E, Física

Estimadas familias:

Benvidos-as a un novo curso no que retomamos a normalidade de anos anteriores. Neste, o proxecto de centro a traballar ao longo de todo o curso será o Xogo, co lema "Moito máis que xogo". Con este proxecto pretendemos descubrir, todo aquilo que nos poden aportar os xogos  no proceso de ensino-aprendizaxe.

No adxunto deixamos información sobre a área de Educación Física e normas de funcionamento xeral relativas as súas clases.

Esperamos que este curso sexa para todos-as como un xogo de nenos-as.

                          Os-as mestres-as de Educación Física.