OBRADOIRO COAS TANXUGUEIRAS

Hoxe, 22 de novembro celebramos o día da música. Aproveitando esta data, o venres tivemos o inmenso placer de recibir na nosa escola ás TANXUGUEIRAS para levar a cabo un obradoiro de música tradicional no que aprendemos moitas cousas.

Comezaron explicándonos que é unha pandeireta, a diferenza con outros instrumentos semellantes como a pandeira e o pandeiro... Explicáronnos a forma de tocala e incluso practicamos ritmos sinxelos con frases como ANA COME PAN, PLÁTANO, EU SON DE MARÍN... E así recoñecer os distintos tipos de cancións galegas: RUMBA, XOTA, MUIÑEIRA... Tamén debuxamos unha pandeireta para elas! Finalmente cantáronnos unhas cantigas nas que tiñamos que adiviñar o ritmo que tocaban. Quedamos abraiados coas súas voces!!!

Resultou unha experiencia moi bonita e agradecémoslle ao pai de Alba que nos facilitara esta visita.

Moita sorte nos vosos proxectos, Tanxugueiras, e grazas por compartir con nós a vosa cultura musical!

Se queredes escoitalas un chisco, premede nesta imaxe que enlaza cun VÍDEO.