21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

O 21 de marzo é un día moi especial, porque adoita comezar a primavera e ademais celébrase o día da poesía.

Pero este ano no cole soubemos que o 21 do 3 tamén é o día mundial do síndrome de Down, porque as persoas que nacen con este síndrome   teñen 3 cromosomas no par 21 en vez de dous.

Por iso recibimos a visita da asociación Xuntos Down Pontevedra. O obxectivo foi visibilizar, coñecer e recoñecer esta disCAPACIDADE. Porque diso se tratou, de que empatizaramos con capacidades diversas.

Óscar falounos de como era o seu día a día. Os traballos polos que xa pasou, cales son as súas afeccións e soños.

Metémonos na súa pel, tratando de atar cordóns  con luvas grosas. Decatámonos de que aínda que nos levaba máis tempo podiamos facelo. Tamén tratamos de comunicar mensaxes utilizando outros medios que non fose a lingua oral.

 

Foi unha experiencia inesquecible que nos fixo medrar  en valores.