blogue deSusi Fernandez

Meteoescolas

O alumnado de 3º, coma cada ano, participamos na recollida de datos meteorolóxicos en dúas semanas do curso escolar.

Fomos ao inicio da xornada á caseta meteorolóxica no patio da escola para recoller a chuvia do pluviómetro e medir a cantidade que había, ademais das temperaturas máximas e mínimas.

Tamén realizamos un recopilatorio de refráns do tempo.

 Encántanos convertirnos en meteorólogos e meteorólogas por uns días!

CONTACONTOS

Onte o avó de Aldán e o seu mono viñeron a visitarnos para un contacontos. Relataron historias que lle pasaron á súa antepasada : Natalia a mataogros, que tamén foi a mata tiburóns. Relatos incribles de tempos pasados.

Mil gracias pola visita, foi un placer recibilo e escoitalo!

GHALLUFADAS

A rapazada de segundo ciclo achegouse o venres ata a piscina municipal onde se celebrou o evento GHALLUFADAS. Puideron disfrutar de diversos xogos de mesa e pasárono bomba!!!

 

ROTEIRO POLO RÍO BISPO

Para rematar o proxecto das plantas, os terceiros fomos nunha camiñata pola beira do río Bispo. Recollemos un montón de follas e flores para clasificalas na clase.

Ao rematar, merendamos no parque e xogamos un bo rato aproveitando o día solleiro.

Foi unha mañá moi divertida! 

Ollade o seguinte vídeo.

A de Astrónomas

Con motivo da celebración do día Internacional da Muller (8 de marzo), os terceros realizamos unha visita ao Museo Massó onde ofertaban o taller “Con A de astrónomas”, no que se abordou a importancia da achega de diferentes mulleres astrónomas que foron esquecidas. Desde Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Construimos o noso propio planetario para levar para casa!

Tamén realizamos a visita ao museo, onde ademáis de contarnos a historia da factoría conserveira e a actividade pesqueira, explicáronnos a importancia e as desigualdades do traballo das mulleres naqueles tempos. Impactounos ver nenas e menos da nosa idade traballando naquel entonces.

 

TEATRO AFUNDACIÓN E MUSEO

O martes 5 de marzo, a rapazada de segundo ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro “Hugo” no teatro de Afundación.

Gañadora do Premio María Casares ao “Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022”, Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día e gústalle falar e as plantas. Aprenden, cunha chea de sensibilidade e empatía, a interactuar e ser amigos. Hugo fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.

Tamén realizamos unha visita ao museo de Pontevedra. Os terceiros xogaron a ser detectives da arte: un cadro desaparecera e debían adiviñar quen fora o culpable. En canto aos de cuarto foron ver a parte da prehistoria no museo e ata luciron os torques daquela época!

Unha mañá moi instrutiva e divertida.

 

Dando nova vida aos residuos

Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…

Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.

 

ILLAS ATLÁNTICAS

 

Hoxe viñeron a traernos as Illas Atlánticas ata as nosas aulas de terceiro.

Comenzaron falándonos da súa situación e dos diferentes tipos de flora e de fauna que se poden atopar nas illas. Despois, xogamos a pescar imaxes de animais e situabámolas segundo onde vivían. Ao final, vimos un vídeo con moitas especies autóctonas no seu hábitat natural.

Encantounos a visita, aprendemos moitísimo xogando! 

 

Curiosidades sobre o UNIVERSO

Para rematar o proxecto do primeiro trimestre sobre o universo, a rapazada de terceiro buscamos por equipos curiosidades sobre o tema e fomos á radio para gravarnos.

A experiencia foi incrible! Escoitádenos a continuación.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROXECTO O UNIVERSO

PROXECTO O UNIVERSO

Neste primeiro trimestre, a rapazada de terceiro indagamos sobre o universo. Foi un tema que nos encantou e estivemos moi motivados. Vimos vídeos, fixemos búsquedas e un cuadernillo e o mellor: realizamos un libro de lapelas alucinante!!

Tamén xogamos coas cartas Plicker e respondemos a algúns Kahoots para demostar o que aprenderamos: foi super divertido e encantounos!

Ollade as seguintes fotos!

Distribuir contido