CURSO 3ºA 3ºB

O MAIO DE 4º

Para conmemorar a entrada do mes de maio, o alumnado de 4º recolectou plantas e flores para construir entre todos e todas O NOSO MAIO. 

Ademais, compuxemos unha copla para acompañar á nosa particular produción. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE O RESULTADO!

 

 COPLA DO MAIO 

Chega a primavera

E facemos maios

No colexio A PEDRA

Os nenos de  4º

 

Os nenos de 4º

Trouxeron fiuncho

Colectaron plantas

En cada recuncho

 

 En cada recuncho

Cantando e bailando

A pesar do virus

BUEU FESTEXANDO!

 

 Bueu festexando

En plena pandemia

Os rumores chegan

De Beluso a Cela

 

De Beluso a Cela

Que ben o pasamos

Facendo as alfombras

E non confinados!

 

E non confinados

Xa nos despedimos

Co final da copla

TENDE SENTIDIÑO!

 

RECEITAS 4º

No 2º trimestre estivemos traballando na aula os textos instructivos e fixemos varias receitas, que mellor maneira de afianzar o aprendido na aula que practicando como facelas no comedor.

Cada equipo pensou que receita podían elaborar, entre todos decidiron que cociñar, organizaron os ingredentes que tiñan que traer e nos fixeron unha verdadeira clase de MASTERCHEF.

Dá gusto velos traballar, mirade que ben o fixeron e o ben que o pasamos.

PARABÉNS ARTISTAS!!

 

 

CUPCAKES

 

 

BATIDO DE AMORODOS

 

MAGDALENAS CON PEPITAS DE CHOCOLATE

 

PIZZA

GALLETAS

SALCHICHAS MOMIA

 

 

DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA

O 23 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA. Aproveitando que no noso centro contamos coa nosa propia estación meteorolóxica, grazas ao programa METEOESCOLAS, o alumnado de 4ºA elaborou o seu propio libro de aula con palabras galegas relacionadas co tempo. 

Agardamos que vos guste!

PROXECTO "A PREHISTORIA E AS CIVILIZACIÓNS ANTIGAS"

Este trimestre nas aulas de 4º estivemos traballando no proxecto A PREHISTORIA E AS CIVILIZACIÓNS ANTIGAS.

Comezamos indagando sobre a PREHISTORIA para construir entre todos unha LIÑA DO TEMPO coas características do PALEOLÍTICO, NEOLÍTICO e IDADE DOS METAIS.

Tamén relacionamos o proxecto coa área de PLÁSTICA, levando a cabo a nosa propia PINTURA RUPESTRE.

Unha vez rematada a parte da PREHISTORIA, adentrámonos na IDADE ANTIGA, onde cada equipo se centrou en buscar información sobre as distintas CIVILIZACIÓNS.

Como produto final de todo este proxecto, os equipos de traballo de aula expuxeron as características das CIVILIZACIÓNS ANTIGAS.

4ºA

 

4ºB

 

 

 

 

 

 

24 F - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

A pasada semana celebramos o día de Rosalía de Castro. Para isto, o grupo de 4ºA buscou nos ordenadores versos de poemas galegos de Rosalía, que despois escribiron en rosas feitas con papiroflexia.

Finalmente, colocaron as súas rosas en distintos lugares do Concello de Bueu o día 24 de febreiro, para que os veciños e veciñas que as toparan puidesen ler uns versos desta autora neste día tan sinalado para os galegos e galegas. 

Podedes ver as súas producións no vídeo do link

 

https://drive.google.com/file/d/1uaHt_uV0-Xrb31ObavH4IzAkkhu78N4h/view?u...

 

Ademais, dende a área de plástica coloreamos retratos de Rosalía con colores ben vivos, simulando a técnica do POP ART do artista Andy Wahrol.

 

 

METEOESCOLAS - 4º

Ao longo destas dúas semanas, os nenos e nenas de 4º estivemos tomando nota sobre a evolución do tempo en Bueu, na nosa estación meteorolóxica. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade.

11 F - Día da muller e da nena na Ciencia

A pasada semana, o alumnado de 4º estivo a traballar sobre a biografía de distintas mulleres que foron relevantes no ámbito científico. Comezamos facendo un xogo de tarxetas, para despois contar toda a información a través de exposicións en equipos cooperativos, que podedes ver no link

 

https://drive.google.com/file/d/1ka2IA-rk14HF3D-JgR8wkuWWuo1cranR/view?u...

 

Ademais, dende Valores, traballamos tamén o tema, facendo unha composición de debuxos de mulleres científicas importantes, xunto cos feitos que descubriron.

 

Por último, con todaa esta información, elaboramos un mural na nosa bibliocastelo, que podedes ver no blogue da biblioteca

 

http://bibliocasteloapedra.blogspot.com/search/label/11%20de%20febreiro

BO NADAL!

O alumnado de 4ºA desexa que todos e todas pasedes un BO NADAL e unhas FELICES FESTAS!

OBRADOIRO DE COCIÑA CREATIVA EN 4º

Hoxe, o alumnado de 4ºA desfrutou creando estes deliciosos platos, que despois degustaron como merenda.

PROXECTO AS PLANTAS 4º

Nestre trimestre estivemos a traballar sobre o PROXECTO DAS PLANTAS, especialmente sobre aquelas que podemos atopar na nosa contorna.

PLANTACIÓN DE SEMENTES

 

SAÍDA DIDÁCTICA CON CADERNO DE CAMPO

Distribuir contido