Blogues

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA DA 1ª SEMANA:

Actividades:

1.- Estudar todos os contidos da Unidade 4 que se acaba de rematar tanto do Class, do Activity, e do Skills Books, como tamén da libreta e das fichas dadas.

2.-  Facer as fichas de repaso desta unidade que se adxuntan.

A coidarse moito !!

Un saúdo, Bye !!

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 1ª SEMANA:

Adxúntanse a esta entrada dous PDF co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta primeira semana de suspensión de clases. Son varias fichas de repaso da Unidade 3 e tamén da Unidade 4 que estabamos a rematar para que as cumplimenten e estuden. 

A coidarse moito !

Un saúdo! Bye!!

ACTIVIDADES 1º DE PRIMARIA

Adxuntamos a esta entrada en dous PDF o traballo para o alumnado de 1º de primaria.

Coidádevos!

Un saúdo!

TRABALLO ESCOLAR PARA REALIZAR O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA CEIP PLURILINGÜE A PEDRA

No arquivo adxunto que acompaña a esta entrada  queda programado o traballo para o alumnado de 2º de primaria para realizar nesta primeira semana de corentena.

Ánimo e lembrade consultarnos todas as dúbidas  que teñades

nos seguintes correos.

 rosablanco@edu.xunta.es  ou mvalbu@edu.xunta.es

Saúdos!

 

 

ACTIVIDADES 2º PRIMARIA

Os nenos e nenas de 2º aprenderon as cores que forman o do Arco da vella, e investigaron sobre lendas e curiosidades que se producen cando sae.

Ao comezar a primavera traballaron o poema de Manuel María chamado “A andoriña”.

Investigaron sobre estes paxaros, aprendendo que os movementos migratorios das aves están provocados polo clima.

 

APRENDENDO CO TEMPO ATMOSFÉRICO

O alumnado de 1º de primaria traballou de maneira cooperativa as estacións do ano.

 

Durante o curso tamén se leron contos, traballaron cancións e visualizaron vídeos relacionados co tema:

  • Contos:

- “Bajo una seta” (solidariedade)  https://www.youtube.com/watch?v=o1FcvkBiCQk
- “Hace frío”.
- “Poemas con piruleta” Carlos Fontes. Editorial Galaxia.
- Lecturas ¡Pon, pon!:Con poemas como “No importa que llueva”, trabalinguas, adiviñas …

  • Cancións:

-Canción con pictogramas. Las estaciones. https://www.youtube.com/watch?v=0lEMEzDMdVI
- “Los días de la semana cyl y signos” (en lingua de signos) https://www.youtube.com/watch?v=lIrSoux3yGU

  • Outros vídeos:

- “O ciclo da auga”    
https://www.youtube.com/watch?v=kMF6noE4C60
https://www.youtube.com/watch?v=C2hIxCfl2Gs

Tamén aprenderon algúns refráns que fan alusión a fenómenos atmosféricos ou aos meses:

  • Cando haxa xiada, queima a ramalla.
  • Se en marzo canta a ra, en maio xa calará.
  • No mes de San Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ao can

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA: CHARLA DE GLORIA

O alumnado de 4º de E. Primaria celebrou o Día da muller traballadora recibindo a visita de Gloria, bisavoa de Sara de  4ºA.

Gloria  falounos como foron os seus primeiros anos de vida nunha casa propiedade de Massó en Cangas. Alí vivían moitas familias das obreiras e  obreiros da fábrica e alí mesmo ía a escola.  Lembra eses anos  como moi felices.

Contounos que con só 14 anos, e sen o consentimento dos seus país , empezou a traballar na conserveira. Primeiro empezou dando servicio ás mulleres máis expertas. Despois pasou a traballar na máquina que lavaba as latas.

Díxonos que, como vivía moi cerca da zona do peirao de  descarga, podían petar na súa porta  a calquera hora de madrugada, cando os barcos chegaban, para que lle botasen o sal ao peixe.

Lembrou algunha inxustiza, como cando unha vez tras facer máis de 50 horas extra esperaba cobrar o seu primeiro billete de mil pesetas e que só cobrou a metade.

É  unha muller de enerxía inesgotable, pois tras deixar a fábrica traballou cóbado a cóbado co seu home nunha empresa familiar de pintura e decoración.  Nada se lle puxo por diante. Coidou, a súa vez, das súas fillas, netos e agora xa das  súas bisnetas.

UN PRACER ESCOITARTE GLORIA!   MOITÍSIMAS GRAZAS!

 

Unha visita xenial

O venres recibimos a visita de Benxamín, que veu contarnos un montón de cousas interesantes sobre os xenios. En 3º todos estamos lendo ‘Mi hermano el genio’, de Rodrigo Muñoz Avia, así que a visita veunos de marabilla.

Durante o rato que pasamos con Benxamín falamos de todo tipo de xenios: dos que viven dentro das lámpadas marabillosas, de Mozart e mesmo do xenio das palabrotas (pero non vos preocupedes, que non escoitamos nin dixemos ningunha).

Por se iso fose pouco, Benxamín demostrounos que é moi doado debuxar unha cara moi ben feita pintando só unhas cantas froitas: un limón para a cabeza, unhas ameixas para os ollos, un amorodo para o nariz, un plátano coma boca... e listo! Mesmo nos fixo un retrato a algún de nós.

 

Tamén nos contou unha historia divertidísima (a do xenio das palabrotas) e nos explicou por que os debuxos animados teñen as proporcións que teñen habitualmente. Foi todo moi curioso.

CHARLA SOBRE VACINAS E ANTIBIÓTICOS

 

O alumnado de cuarto estamos iniciando un novo proxecto  sobre A SAÚDE.

Hoxe, tivemos a sorte de recibir no noso colexio  a visita de  Caro e Tere, estudantes de medicina.  Viñéronnos  falar sobre  as VACINAS  e os ANTIBIÓTICOS.

A primeira en  expoñer  foi Tere,  que nos falou,  primeiramente, das enfermidades infecciosas e do noso sistema inmune.  Referiuse ás medidas  preventivas, como lavarse as mans, espirrar poñendo o cóbado, ou illarse cando se está enfermo para non contaxiar. Despois foi directamente  ao tema das vacinas.  Co calendario de vacinación diante de nós,  foinos explicando os diferentes tipos de vacinas e por que unhas se poñen antes ou despois, ou por que  algunhas se repiten varias veces. Foi contundente  á hora de resaltar a importancia de vacinarse.

Foi logo a quenda de Caro, que nos contou para que se usan os antibióticos.  Explicounos que só están destinados a combater as bacterias  e que  non se poden utilizar en casos de  infeccións provocadas por virus. Púxose moi seria cando  relatou que  moitas enfermidades  están sendo resistentes aos antibióticos,  debido ao mal uso que se fai deles. Foi contundente cando nos dixo que tiñamos que seguir estritamente as instrucións  das médicas e médicos.  Os antibióticos hai que tomalos  os días que nos marcan e nas horas sinaladas.

Esta é a presentación da charla, que nos vai servir para non esquecer todo o que aprendemos.

 

MOITAS GRAZAS CHICAS! 

E CHEGOU O ENTROIDO...

Outro ano máis, no CEIP Plurilingüe A Pedra,  celebramos o entroido para o que levamos semanas preparándonos. Nos seguintes enlaces tendes toda a información do evento:

Co gallo do noso proxecto sobre a radio escolar, o blog da nosa biblioteca temén se fixo eco desta celebración

Como se pode ver neste enlace, o alumnado de infantil tamén estivo preparando o entroido con moito traballo e ilusión.

 

Distribuir contido