Blogues

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 3ª SEMANA:

Bos días. As actividades para esta semana son:

Adxúntase a esta entrada un enlace co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta terceira semana de suspensión de clases. Son varios links con videos para repasar contidos e vocabulario esencial de uso diario.

https://docs.google.com/document/d/11EmBad79-nnRrjyYWSwuGv_AIML8Cqv_3iGHVI6dMPQ/edit

 

A coidarse e moito ánimo!!

Un saúdo!  Bye!!

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL

No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días. Un saúdo!!!

https://docs.google.com/document/d/1kJF-CDW2DEfW1cKWIkeAdLXCxnym542Pz-XH...

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA

No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días. Un saúdo!!!

https://docs.google.com/document/d/1gyIlTzDYwMYy0Fu6xlCcuUTqLbUVpjOeRjv6...

ARTS & CRAFTS 1º

No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días.

Un saúdo!!!

ARTS & CRAFTS 1º

ACTIVIDADES PARA 1ºB(30 marzo-3 abril)

Ola familias!

Agradecemos a vosa responsabilidade e fortaleza para tratar de vencer esta situación. Déixovos un arquivo coas actividades da terceira semana.Espero que axiña nos poidamos ver de novo. Coidádevos e ánimo!

 

1ºA PRIMARIA

ACTIVIDADES 1º DE PRIMARIA

Adxunto a esta entrada un pdf coas actividades para a 3ª semana. Vémonos pronto campións e campioas! Coidádevos!

Saúdos e unha grande aperta. Un saúdo!

Dominga

POETAS DO REINO DA CORENTENA

 

 

 

Este foi o poema que o alumnado de cuarto, traballou aproveitando que o 21 de marzo foi o Día da poesía.

Leo e Raúl, acompañdo polo seu irmán Diego e polo seu superavó Jaime, foron uns alumnos requetevalentse que se atreveron a recitalo. Pero o resto do alumnado tamén o fixo moi ben e emulando este poema do poeta chairego, fixéronlle estrofas á LÚA. No arquivo adxunto poderedes desfrutar das mesmas

ACTIVIDADES ESCOLARES PARA 2º DE PRIMARIA (3º semana)

Ola familias! Vai dar comezo a terceira semana de confinamento e os vosos fillos e fillas e os nosos alumnos e alumnas, pola información que temos, estannos dando unha gran lección de madurez e responsabilidade. Un gran aplauso para eles!

Nós, sentímonos moi satisfeitas do traballo que fixestes gravando os vídeos e os audios, é un  pracer escoitalos!

Confiamos en que axiña todo volva a normalidade e voltemos ás aulas medrados en ánimo e fortaleza, mentras tento deixámosvos aquí as tarefas da 3º semana para ir facendo pouco a pouco e sen perder as gañas de aprender. Non dubidedes en poñervos en contacto con nós se o necesitades.

Grazas e unha aperta!

O ALUMNADO DE 2º DÁ LECCIÓNS SOBRE ANIMAIS: PEIXES, AVES, RÉPTILES e ANFIBIOS

Queda reflectida, nestes dous vídeos, unha actividade sobre os animais realizada polo alumnado de segundo de primaria en colaboración coas súas familias. Este traballo seviulles e serviunos, nestes días tan duros de confinamento, para aprender de xeito diferente, para estar entretidos e, sobre todo, para estar en constante comunicación cos nenos e nenas deste curso e tamén coas súas familias. Foi un pracer!

Esperamos que vos gusten e que pasedes un anaquiño divertido vendo o voso traballo e o dos vosos compañeiros e compañeiras. Seguimos en contacto!

ACTIVIDADES DE REPASO DE MÚSICA

Estimadas familias,

Adxunto nesta entrada un PDF coas diferentes webs nas que o alumnado pode realizar exercicios de repaso da materia de Música, xa que temos constancia de familias que non son capaces de entrar na ligazón da web de Música que creei. Lembren que son actividades voluntarias para levar a cabo durante estas semanas e que é recomendable cinguirse á segmentación por cursos especificada no documento, aínda que os alumnos dos últimos cursos, unha vez realicen todas as actividades correspondentes ao seu nivel, poden repasar outras de cursos previos se así o desexan. 

Se queredes probar a entrar na web, pulsade aquí

Lorenzo Chedas.

Distribuir contido