Blogues

TITORÍA 1ºA Actividades 11-15 maio

Boa tarde familias!

Seguimos en maio e seguen as rosas. Esperamos que nos proporcionen  moito ánimo para seguir atendendo as  responsabilidas, de cadaquén, con alegría e cariño.

No arquivo adxunto están as actividades propostas polo profesorado de 1º A para esta semana.

Xa está aquí o 17 de maio! A celebralo coas “MIL PRIMAVERAS MÁIS!

Unha grande aperta.

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2ºA SEMANA 11-15 DE MAIO

Ola familias, rapaces e rapazas!

Informámosvos de que esta semana é a das LETRAS GALEGAS, o vindeiro domingo é o 17 de maio. Para celebrarlo, propoñémosvos algunhas tarefas para homenaxear a  RICARDO CARVALHO CALERO  e  coñecer un chisco da súa vida e da súa obra, mesmo tedes un xogo para realizar en familia e seguro que vos gusta!

Deixámosvos nesta entrada o traballo da titoría e o das especialidades e ademais unha biografía de CARVALHO CALERO para que a teñades de man e a leades. Non cómpre que a imprimades.

Moita ánimo! Xa estamos avanzando.

O profesorado de 2º A

 

TAREFAS DE 4º DE INGLÉS, PLÁSTICA, E. FÍSICA, E RELIXIÓN. SEMANA 11/ 15 DE MAIO

Nos arquivos adxuntos atópanse as tarefas para a semana do 11  ao 15 de maio de:

 

 English

Arts and crafts

E. Física

Relixión

Titoría 2ºB semana do 11 ao 15 de maio

Boas, rapazada e familias!

Iniciamos unha semana moi importante, pois o domingo será o Día das Letras Galegas!

Como xa notaredes, en moitos dos traballos desta semana quixemos recordar ao autor homenaxeado este ano: Ricardo Carvalho Calero.

Ademais, no blog da BIBLIOTECA e no blog ENREDEMOS atoparedes moitas actividades, vídeos e cousiñas interesantes. Non volo perdades!

Esperamos que pasedes unha boa semana e non vos esquezades de falar en galego.

Coidádevos moito e aproveitade a fase 1 para xuntarvos cos amigos e familia, sempre con responsabilidade!

TITORÍA 1º- ACTIVIDADES DO 11 AO 15 DE MAIO

Bos días nenos, nenas e familias!

Espero que vos atopedes ben e disfrutedes das concesións que van facendo coas saídas pero sen esquecer os coidados debidos.

O próximo domingo será o 17 de maio e desexo que pasedes tamén un FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Envíovos as actividades para a semana do 11 ao 15 de maio. Seguide traballando así de ben!

Non esquezades enviar os traballos solicitados. Grazas.

Unha aperta!

Saúdos

 

 

TRABALLO PARA A TITORÍA DE 2º A SEMANA 4-8 DE MAIO

Bos días rapaces, rapazas e familias!

Outra semana máis nos seguimos comunicando por este medio, pero cada día estamos máis preto de gañar a batalla ao virus que nos ten na casa sen poder ir a escola. Esta maneira de traballar é moi diferente á do cole, así e todo, tedes que mantervos animados e motivados para realizar estas tarefas que vos propoñemos. Os profes estamos moi contentos de saber de vós e dos vosos avances. Un saúdo!

Este é o enlace para poder ver os vídeos que realizastes de ciencias, están xenial!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/260

 

TAREFAS DE 4º DE INGLÉS, PLÁSTICA, E. FÍSICA, MÚSICA E RELIXIÓN. SEMANA 04/ 08 DE MAIO

Como imos rapazada!

Empezamos mes  e tamén mova maneira de recibir  as tarefas das Mestras e Mestres especialistas.

Nesta únicaa entrada atoparedes en 5 arquivos adxuntos, a tarefa desta semana de;

 English

Arts and crafts

E. Física

Música

Relixión

TITORÍA 1ºA

Boa tarde familias!

Xa podemos dar un paseo e así contemplar as flores de maio, repirar os seus aromas, ver e escoitar os paxaros… Resumindo: contemplar e respirar o despertar da natureza con todo seu esplendor!  

Vamos! Ánimo valentes!

No arquivo adxunto están as actividades propostas para esta semana polo profesorado de 1ºA. 

Saúdos e biquiños.                                                                                                                                                       

Titoría 2ºB (4 - 8 maio)

Ola rapaces, rapazas e familias de 2ºB!

Deixámosvos aquí o traballo da primeira semana de maio preparado por todo o profesorado que imparte clase en 2ºB.

Ademais, neste enlace podedes ver os vídeos que montamos con todo o material que nos enviastes. Quedaron xenial!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/260

Coidádevos moito e nos vos esquezades de cumprir as normas para saír á rúa. Veña, que entre todos o conseguiremos!!!

Unha aperta!

VÍDEOS DE INVESTIGACIÓN 2ºA E 2ºB

Rapaces, rapazas e familias desenvolvestes, en xeral, un gran labor de  investigación e creación sobre plantas, medios de transporte, medios de comunicación e vivenda. As profes, con todas as vosas creacións,  elaboramos uns vídeos conxuntos para que vexades e aprendades tanto dos vosos traballos como do dos vosos compañeiros e compañeiras. Gozade do voso esforzo!

PLANTAS 2ºB

PLANTAS 2ºA

MEDIOS DE COMUNICACIÓN

MEDIOS DE TRANSPORTE

OFICIOS

VIVENDA

Distribuir contido