Blogues

XORNADA VOLEIBOL

CONVIVENCIA VOLEIBOL 

O 12 de abril o alumnado de de primaria tiña unha cita no Ifevi de Vigo para participar nunha xornada de iniciación o Voleibol. A xornada estaba organizada polo Servizo Provincial de Deportes en colaboración coas Agrupacións deportivas da zona, para todos aqueles nenos-as que previamente participaran no programa Xogade en centro.

Por iso ás 9:30 estaba na porta do colexio un autobús para recollernos e aló fomos un tanto nerviosos pero moi ilusionados porque sabíamos que íamos atoparnos con outros nenos-as coma nós do CPR Virxen Milagrosa, do Ceip da Espiñeira, do Ceip de Reibón e do Ceip A Guía. Repartímonos en 6 grupos e fomos emparellándonos con tódolos equipos dos outros centros. Pasou todo moi rápido tiñamos que xogar, rexistrar nun marcado os puntos e anotar nunha acta o resultado final. Ao rematar merendamos e falamos un chisco cos rapeces-as dos outros colexios. Resultou unha xornada de convivencia deportiva moi divertida e saudable. Esperamos poder repetila.

REUNIÓN TERCEIRO TRIMESTRE

Deixamos aquí o resumo da reunión desta tarde. Pincha na imaxe para acceder á presentación.

ANDREA MACEIRAS: AUTORA DE ALMA DE ELEFANTE

Que ganas tiñamos de coñecer a escritora que foi capaz de escribir este precioso libro!

 

E por fin chegou o día e este mércores, 3 de abril, Andrea Maceiras chegou ao noso cole para falarnos de ALMA DE ELEFANTE.

 


 

Andrea falounos do debuxo que atopou cerca do templo de Angkor en Camboia e que significou a inspiración desta entrañable historia. Contounos do seu amor polos animais e do seu respecto por culturas diversas.

 

Contestou amablemente a todas as preguntas que lle fixemos, que foron moitísimas. Así  soubemos que coñeceu a un elefante nun refuxio cunha biografía parecida a de Tep. Tamén que o personaxe que máis lle gusta de todos os libros que escribiu é Lawen. Descubrimos que xa ten moitos libros escritos e que pronto se publicarán máis.

 

 

Finalmente asinounos os libros.

 

 

Neste vídeo poderedes observar como Andrea, coas súas palabras foi quen de transportarnos a  Sad Napa e de introducirnos dentro do templo da velliña Champei en Sad Naapa. Pincha na imaxe para ver como vivimos este momento.

GRAZAS ANDREA!

 

As eleccións!

XORNADAS DE NADAL

DESPEDIMOS 2023 CUN FESTIVAL DE PANXOLIÑAS E UNHA XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL!!

 

Hai xa unha chea de días que regresamos ao cole despois do Nadal e non podemos contarvos as novas actividades deste segundo trimestre sen dar as grazas as persoas que nos axudaron a pechar o primeiro e a despedir 2023.

 

Por un lado, á PROFE ELSA, polo  EXTRAORDINARIO FESTIVAL DE PANXOLIÑAS, que organizou, montou e dirixiu  con todo o alumnado  do cole!!!!,

 

Por outro, e UNHA DIVERTIDA XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL na que traballaron e colaboraron profes, e familias!!!

 

Desde as 9 e media ata a hora da merenda foi un non parar!! 

 

·      Obradoiro de Plasti , no que, coa axuda das mamás de catro compañeirxs de 1º e de 2º, fixemos figuriñas para colocar nunha Piasaxe de Nadal que preparamos no recibidor e que quedou chulísima!!!

 

·      Obradoiro de CHRITSMAS coa PROFE MARINA, na aula de inglés cun xogo por equipos para ver quen sabía máis vocabulario de Nadal!!

 

·      Unha divertidísima xincana que nos organizou  PROFE GORETTI no ximnasio!!!

 

·      Obradoiro artísitico en Lingua de Signos con GELI e mais ROSA LOURO, as PROFES de AL e de Lingua de Signos! Con elas deseñamos iconas de deportes olímpicos e signamos mensaxes de Paz, tolerancia e vida saudable coas que despois, montaron un mural impresionante na parede das escaleiras que conducen ás nosas aulas.

 

Despois de tanto “traballar”, nada mellor que unha riquísima merenda para compartir larpeiradas de Nadal cxs compis da clase!! Rematamos xogando, bailando e cantando no patio dxs maiores!!!!

 

FORON DÚAS MAÑÁS FANTABULOSAS!!

 

ENCANTOUNOS!!

 

MOITAS GRAZAS A TODXS POLO VOSO ESFORZO!!

 

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

 

 

 

EASTER

 

Un bo motivo para celebrar a Pascua e a chegada da primaveira 

 

con estes OVOS FLORAIS

 

EXPERIMENTANDO COS ESTADOS DA AUGA

Nesta entrada de Blog quedan recollidos todos os vídeos que o alumnado de segundo  realizou coa axuda da familia e onde demostrou todo o que apredeu sobre os estados da auga. FIXÉRONO XENIAL! Se premedes na imaxe podedes ver o vídeo dos nenos e nenas de 2º A.

ESTADOS DA AUGA 

Se premes nestoutra imaxe verás o traballo dos nenos e nenas de 2º B.

ESTADOS DA AUGA

DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

Coincidindo co DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL, o alumnado de 2º investigou dúas lendas sobre a formación do ARCO DA VELLA, ese fenómeno tan misterioso pero que tanto ilusiona a pequenos e grandes!

Despois de investigar a orixe divina e a orixe popular, aprenderon as cores que o compoñen e crearon así a súa portada das fichas do 2º trimestre.

Ademais, representamos un teatro sobre as cores do ARCO DA VELLA, descubrindo que non hai unha mellor que outra, senon que todas unidas e grazas á chuvia fan un equipo único. Para representalo, o alumnado veu vestido para á ocasión cunha camiseta da súa cor, de tal xeito que entre todos formaban un alegre arco da vella!

O lobo e os tres cabritos

Este xoves, nenas de 6º foron a Infantil a representar a súa xa exitosa obra de teatro O lobo e os tres cabritos, coa cal @s nen@ de 3, 4 e 5 anos disfrutaron moitísimo e pasárono xenial..

Moitas grazas Saray, Paula, Uxía, Kidist, Noa, Lola e Alba polo voso traballo e simpatía.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

VISITA DOS PELOUROS

Sabedes quen son OS PELOUROS?

 

Pois claro! Son o alumnado de 5º de E.  Infantil  do noso colexio.

 

Pero o que seguro que non sabiades é que son expertxs en cultura grega!

 

Pois si, é iso foi o que nos viñeron contar o último día, antes das vacacións de Pascua.

 

Por mor do proxecto AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, descubriron que foi na antiga Grecia onde naceron. Logo comezaron a indagar como vivían, como se vestían, que arte realizaban e ata investigaron sobre filosofía grega.

 

Mantiveron a nosa atención todo o tempo e non podemos máis que darlle os nosos parabéns por este magnífico traballo.

 

Ao final sacámonos unha foto todxs xuntiñxs.

 

Distribuir contido