Blog A Pedra

O ALUMNADO DE 2º DÁ LECCIÓNS SOBRE ANIMAIS: PEIXES, AVES, RÉPTILES e ANFIBIOS

Queda reflectida, nestes dous vídeos, unha actividade sobre os animais realizada polo alumnado de segundo de primaria en colaboración coas súas familias. Este traballo seviulles e serviunos, nestes días tan duros de confinamento, para aprender de xeito diferente, para estar entretidos e, sobre todo, para estar en constante comunicación cos nenos e nenas deste curso e tamén coas súas familias. Foi un pracer!

Esperamos que vos gusten e que pasedes un anaquiño divertido vendo o voso traballo e o dos vosos compañeiros e compañeiras. Seguimos en contacto!

ACTIVIDADES DE REPASO DE MÚSICA

Estimadas familias,

Adxunto nesta entrada un PDF coas diferentes webs nas que o alumnado pode realizar exercicios de repaso da materia de Música, xa que temos constancia de familias que non son capaces de entrar na ligazón da web de Música que creei. Lembren que son actividades voluntarias para levar a cabo durante estas semanas e que é recomendable cinguirse á segmentación por cursos especificada no documento, aínda que os alumnos dos últimos cursos, unha vez realicen todas as actividades correspondentes ao seu nivel, poden repasar outras de cursos previos se así o desexan. 

Se queredes probar a entrar na web, pulsade aquí

Lorenzo Chedas.

MATERIAIS PARA FACER O TRABALLO DE ARTS & CRAFTS PARA O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA:

Boas tardes. A actividade de plástica para esta semana é:

Déixovos un arquivo con varias ideas para o traballo plástico desta semana para facer en folio A-4 co hashtag “Stay at Home”. Escollede unha delas ou debuxade e coloreade a vosa propia versión copiando o título : # “Stay at Home“.

Coidádevos moito!!

Un saúdo, Bye !!

MATERIAIS PARA FACER O TRABALLO DE INGLÉS DE 3º DE PRIMARIA E REPASAR OS CONTIDOS:

Boas,

Adxunto as páxinas da Unidade 4 do Class, do Activity e do Skills Book para que os alumnos que non levaron os libros podan facer as tarefas e actividades propostas e repasar.

Saúdos.

Marina.

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA DA 2ª SEMANA:

 Bos días. As actividades son:

Adxúntanse a esta entrada dous PDF co traballo para o alumnado de 2º de primaria para esta segunda semana de suspensión de clases. Son varias fichas de repaso das Unidades 1 e 2 para que as cumplimenten e as estuden. Se non tedes posibilidades de imprimir tamén podedes facelas oralmente, debuxándoas e copiándoas nun folio, etc.

A coidarse moito!

Un saúdo!  Bye!!

2- EDUCACIÓN FÍSICA-2º timestre

Ola rapaces-as para comezar con bo pé esta segunda semana nada millor que un pouco de actividade para manternos en forma. Déixovos un arquivo adxunto coas propostas e tamén o meu enderezo electrónico ( gorettic@edu.xunta.es) por si queredes enviarme algún comentario ou suxestión.

Ánimo, xuntos e activos na casa o conseguiremos.

ACTIVIDADES ESCOLARES PARA 1º E 2º DE PRIMARIA

Ola nenos, nenas e familias!

Nestes momentos do curso, tan excepcionais e diferentes, sentímonos na obriga de poñernos en contacto con vós para enviarvos algunha actividade escolar e, sobre todo, achegarvos alento e moito ánimo para superar esta situación de aillamento e conseguir o reto <<QuedoNaCasa>>

Un abrazo moi agarimoso!

 

As vosas mestras e mestres

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL

No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días.

Un saúdo!!!

https://docs.google.com/document/d/1kJF-CDW2DEfW1cKWIkeAdLXCxnym542Pz-XH...

ARTS & CRAFTS 1º

No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días.

Un saúdo!!!

https://docs.google.com/document/d/1mcaGzjNj0T3n7T4bU30z9L2OeoRLEeBXr_o0OGDkxr0/edit?usp=sharing

 

 

TRABALLO DE INGLÉS PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA

No seguinte enlace podedes atopar diferentes actividades para traballar estes días.

Un saúdo!!!

 

https://docs.google.com/document/d/1gyIlTzDYwMYy0Fu6xlCcuUTqLbUVpjOeRjv6...

Distribuir contido