Blogues de E. Primaria

VIVIMOS A PREHISTORIA

Ao principio de curso aproveitamos para facer un repaso da Prehistoria e tivemos a gran sorte de contar con dúas charlas de excepción e unha excursión a Campo Lameiro.

Na primeira charla, Ramón dounos unha explicación sobre “petroglifos”. Tamén nos contou como Martín e máis el reproduciron algúns deles no noso patio do colexio.

 Grazas Ramón por dedicarnos o teu tempo!

 Na segunda charla, contamos con Ángel Vieites Rúa, estudante de Historia pola Universidade de Vigo en Ourense e que foi alumno deste cole, para falarnos dos “estereotipos sobre a muller na Prehistoria”.

 Moitas grazas Ángel, continúa así e moito ánimo!

Para rematar, fixemos unha visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro onde aprendemos como rexistrar os petroglifos.


CHEGOU O MAGOSTO E OS SEUS XOGOS TRADICIONAIS!

O mércores 9 de novembro todo o cole de A Pedra celebrou o magosto. A rapazada trouxo unhas poucas castañas picadas da casa e Ramón as estivo asando no patio.

Pero antes de comelas, a organización Corredoiras preparounos uns xogos tradicionais! Divertímonos moito coa billarda, os bolos miniatura, os trompos e moitos outros xogos máis... 

Despois de hora e media de diversión chegou a hora de papar as castañas! Menuda panzada!

Nos seguintes vídeos poderedes ollar o ben que o pasamos!

 

Vídeo de 3ºA e 3ºB

 

 

 

 

Vídeo de 4ºA e 4ºB

Queremos agradecer ás familias, a Ramón e á organización Corredoiras a súa participación e por suposto a toda a rapazada do centro polo seu entusiasmo.

Ata o vindeiro curso!!

FELIZ SAMAÍN!

Esta semana celebramos na escola O SAMAÍN. O luns comezamos a traer as nosas cabazas relacionadas co plan anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO. Ademais, dende as titorías, estivemos traballando sobre SORTES que o alumnado coñecía para saber quen panda cando van xogar a algo. A partir de ahí, por equipos, inventaron a súa propia SORTE DE SAMAÍN.

    

O venres, comezamos a mañá baixando a ver a gran exposición de tódalas cabazas realizadas polas familias. Parabéns a todxs os que vos animastes, estades feitxs uns artistas! Tamén limos as SORTES DE SAMAÍN creadas por tódolos grupos do cole.

    

Xa nas aulas, aprendimos sobre a ORIXE DO SAMAÍN a través dunha presentación interactiva de GENIALLY, e dende ARTS confeccionamos unha SPIDERWEB feita de papel.

   

Nas fotos podedes ver o guapos e guapos que estabamos, agardamos que tremades de MEDO!!!

INAUGURAMOS A BIBLIO!

 

Este mes abrimos a biblioteca do centro. Con tal motivo, comezamos a ir unha hora á semana para facer os nosos préstamos de libros.

Ademais, puidemos empregar tódolos recunchos que temos alí, e que durante os cursos anteriores non puidemos usar por mor da COVID.

Aquí podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de 3º cos disfraces, os xogos, na zona de plástica….

     

Como sabedes, estades convidados a vir visitala tódolos días da semana (excepto os martes), de 16:00 a 18:00.

Un saúdo!

 

A nosa primeira excursión de 4º: FIC BUEU

O mércores 21 de setembro a rapazada de 4º fomos moi emocionados ao FIC BUEU. Puidemos ver 5 curtos: I' m not afraid, The ticket, Sierra, 6 pattes sous terre e The soloists.

Ao chegar de volta a clase, todos votamos polo noso curto favorito e sen ningunha dúbida, na clase de 4ºA "The soloists" foi o claro gañador.


SOMOS FINALISTAS DO FIC BUEU!

Este venres asistimos á GALA ESCOLAS celebrada no Centro Social do Mar durante o FIC BUEU. O motivo foi a nosa nominación pola curta que fixemos o ano pasado: “OSO ATRAPABOLBORETAS”.

 

PARABÉNS a todo o alumnado de 3º polo traballo realizado! Noraboa tamén ao profesorado participante, especialmente á profe MARTA, que foi quen levou o peso deste proxecto. Podedes ver de novo a nosa curta facendo clic na seguinte foto.

A continuación, algunhas fotografías da Gala.

   

Por último, podedes ver a retransmisión da mesma no seguinte enlace.

https://m.twitch.tv/videos/1598846119

ESTA MAÑÁ FOMOS AO FIC!!

ESTA MAÑÁ FOMOS AO FIC!!

E como nos encantan o cine e a cultura, non podiamos deixar de aceptar o convite que, cada ano, nos envían desde o FIC BUEU para gozar da selección de curtametraxes que preparan especialmente para a rapazada da vila!!

Onte fixemos na clase algunhas das actividades que nos propuxeron desde a organización deste MINIFIC; como , por exemplo, observando uns fotogramas, tratar de adiviñar que historia nos contaría cada “peli”.

Así que, alá fomos, esta mañá moi dispostxs a gozar do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU!!

Mirade que ghuapiñxs estamos no photocall!!!

 

Por certo, de regreso á escola, votamos e gañou por maioría a do osiño polar!!!

URSA, THE SONG OF THE NORTHEMN LIGTHS


MOITÍSIMAS GRAZAS Á ORGANIZACIÓN DO FIC BUEU!!!

ENCÁNTANOS !!!

O ANO QUE VÉN NON FALTAREMOS Á CITA!!

XA ESTAMOS EN 2º!!!

XA ESTAMOS EN 2º!!!

Benqueridas familias:

Xa estamos de volta e desta vez, xa non somos os cativxs do cole grande!!!! XA ESTAMOS EN 2º!!!

As profes déixanvos aquí a presentación de diapositivas que vos amosaron na reunión de familias deste pasado martes, na que falastes de como vai ser este curso, cales van ser os noso horarios...

PREMEDE NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN:

 

Ademais, ao pé desta entrada, a carón do clip, atoparedes un pdf coas instrucións da Editorial Anaya para que poidades acceder aos libros dixitais de matemáticas de 2º e ao de Lecturas de Lingua Castelá (EL LOBO LUPAS 2).

 

 

 

CONCERTO DE FIN DE CURSO 50 ANIVERSARIO.

O pasado 17 de xuño, o alumnado de 4º B celebrou un concerto de fin de curso, para conmemorar o 50 aniversario do CEIPP A Pedra, e celebrar o final deste curso 2021-2022 que remata xa.

Pasámolo xenial, e foi unha xornada diferente onde poidemos gozar da música e do que aprenderon este ano na aula de música co profe Lorenzo, pois ademáis de tocar a frauta tod@s xuntos, tamén cantaron a canción de "Aniversario", e cada un deles puido tocar e interpretar a canción que quixo e que con moito cariño preparou para ese día. Tocaron o teclado, a guitarra eléctrica, a pandeireta, a guitarra española, a frauta, e alugúns e algunhas o presentaron co micrófono. E por suposto non pudo faltar o cartel do concerto e o público.

Espero que tod@s gozaran moitísimo desta xornada. Grazas polo concertazo!!!

 

 

 

 

 

FIN DE CURSO!

Despois de tantas actividades... por fin chega o fin de curso. Para celebralo, a ANPA da escola organizou unha FESTA DE DESPEDIDA para todo o alumnado.

Comezamos con algúns xogos de animación: bailamos, cantamos, berramos... E cando xa estabamos animados, repartímonos por grupos para xogar nos inchables, no toro mecánico, nos xogos cooperativos... e ata puidemos maquillarnos. 

Rematamos a mañá cunha HOLY PARTY, onde nos divertimos manchándonos con pintura de tódalas cores posibles! Aquí podedes ver o ben que o pasamos. PREMEDE NA IMAXE.

 

Ademais, o día anterior, algunhas nenas amosáronnos un BAILE que levaban moito tempo preparando. Aquí podedes ver o ben que o fixeron. PREMEDE NA IMAXE.

Con isto, o alumnado de 2º deséxavos a todos e todas un FELIZ VERÁN!

 

 

Distribuir contido