Blogues

LETRAS GALEGAS 2024 "HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA"

Este é o mural dedicado a LUÍSA VILLALTA, que preside a entrada do noso cole. Todo o alumnado do cole puxo o seu  anaco para que o resultado final fose este.

Mentres a rapazada de infantil decorou as letras, o alumnado de primeiro ciclo reproduCIU citas da escritora coruñesa,  o de segundo ciclo deixou constancia de partes importantes da súa biografía e do seu activismo social e o de terceiro ciclo escribiu nos pentagramas algún poema.

Esta é a aportación e cuarto de primaria.

Celebramos a  festa das letras galegas este mércores despois do recreo. Primeiro lemos as nosas aportacións no mural.

 Finalmente cantamos todxs xuntxs o himno galego.

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS COA ASOCIACIÓN CUNCHAS E FLORES DE BUEU

Este luns, 13 de maio, o alumnado de cuarto tivemos a sorte de elaborar alfombras no patio do noso cole grazas á iniciativa da asociación “Cunchas e flores de Bueu”.

Contáronnos a importancia desta tradición en Bueu e  que a súa intención e que a rapazada a continuemos. Despois fomos directamente para o patio cuberto porque a meteoroloxía non nos permitiu outra opción. Pasámolo xenial! 

Realizamos todas as fases: Primeiro pintamos con xiz os debuxos, despois perfilamos con cunchas e por último enchemos os ocos dos debuxos  con  cores diversas. Quedounos perfecto!

Somos moitxs os que este ano queremos repetir a experiencia nas rúas de Bueu o próximo 1 de xuño.

TRIATLÓN CON PHOENIX KIDS E JAVIER GÓMEZ NOYA

TRIATLÓN CON PHOENIX KIDS E JAVIER GÓMEZ NOYA

Hoxe tivemos o pracer de compartir unha xornada de promoción da actividade física e hábitos saudables en idade escolar, grazas á fundación  PHOENIX KIDS Triatlón da que é embaixador o triatleta olímpico Javier Gómez Noya.

A actividade comezou cunha pequena charla informativa sobre os múltiples beneficios da actividade física e o deporte sobre a nosa saúde, tanto física como mental e incluso no noso rendimento escolar.

A continuación Victor, María e Manu explicáronnos as diferentes probas de hábilidade que iamos realizar: unha de forza co dinamómetro, outra de resistencia en barra, a de salto tanto en altura como en lonxitude e a última de velocidade de reacción.

Xa só nos quedaba ir pasando por cada unha delas e anotar na acreditación que nos regalaron os nosos rexistros.  Grazas a Javier Gómez Noya e Phoenix Kids polo seu tempo e o agasallo.

PHO3NIX KIDS

Co gallo do noso proxecto de centro, AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, seguimos realizando actividades relacionadas co deporte.

Este mércores, 8 de maio, o alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto gozamos dunha moi divertida e instrutiva..
Encantounos esta visita da Asociación Pho3nix kids, da que Javier Gómez Noya é o seu embaixador. Ten como obxectivo promocionar e fomentar a diversión realizando exercicio físico entre os nenos e as nenas coa práctica do triatlón. Pois obxectivo conseguido con todo o alumnado participante do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA, parabéns polo voso traballo
Moitas grazas!

CORRELINGUA 2024

As rúas de Bueu convertéronse nunha auténtica festa, este martes, 7 de maio, ao recibir a visita do alumnado dos colexios de toda a comarca no Correlingua da comarca.

Baixo o lema “Dende aquí ata acolá,  galego xa” a rapazada percorreu as rúas para reivindicar  o uso da nosa lingua.

Tras a marcha reuníronse na praza Massó para escoitar o manifesto da actriz Isabel Risco e do alumnado do IES Joham Carballeira. Despois de merendar a festa continuou co concerto do grupo infantil A Gramola Gominola.

Os nenos e nenas do CEIP A Pedra de Bueu levaban camiseta branca na que levaban unha palabra relacionada co deporte, relacionando así esta conmemoración co PDI do centro "As Olimpíadasde Papirus"

Matemáticas e Minecraft!

A gamificación na educación sempre é unha oportunidade interesante de aprendizaxe. O alumnado de sexto traballou o perímetro, a superficie, o volume e os ángulos de unha maneira diferente. 

Congreso PF Innova 24 e visita ao MUPEGA

OBRADOIRO DE MICROPLÁSTICOS PROGRAMA PONTE A ZERO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Antón xa é un vello coñecido doa alumnado de cuarto. O ano pasado veu ensinarnos quen vivía no composteiro, pero hoxe dounos unha charla interesantísima sobre os microplásticos

Contounos que están no mar, na selva, no corpo humano, nos animais, nas plantas. Explicounos que existen tamén os nanoplásticos, infinitamente máis pequenos e que xa se atopan no aire e chegan aos nosos pulmóns.

Todxs entendiamos que unha vez o plástico se vai desgastando convértese en esa substancias microscópicas pero o que non sabiamos e que moitos deses plásticos xa nacen sendo microscópicas como son os compostos das rodas dos coches, a pintura branca das estradas, as sinais de tráfico, se vos fixades todas teñen en común que brillan de noite. A nosa roupa está composta en gran parte por eses polímeros e cada vez que a lavamos vaise pola rede de sumidoiros e chega ao mar ou aos ríos.

Despois fixemos un obradoiro moi práctico e divertido coa area da praia.

·        

Primeiro cos coadores peneirámola e sacamos os plásticos máis grandes.

·        

Despois coas lupas atopamos outros máis pequenos.

·        

Finalmente utilizamos as lupas binoculares, semellantes aos microscopios e atopamos por fin eses microplásticos que a simple vista eran imposibles de ver.

SABEMOS QUE A ÚNICA SOLUCIÓN E ELIMINAR O USO DE PLÁSTICOS DA NOSA VIDA.

No seguinte vídeo tedes imaxes do obradoiro.

OBRADOIRO DE MICROPLÁSTICOS (PROGRAMA PONTE A ZERO)

COÑECENDO O NOSO CORPO

COÑECENDO O NOSO CORPO 

Distribuir contido