Blogues

INAUGURAMOS A BIBLIO!

 

Este mes abrimos a biblioteca do centro. Con tal motivo, comezamos a ir unha hora á semana para facer os nosos préstamos de libros.

Ademais, puidemos empregar tódolos recunchos que temos alí, e que durante os cursos anteriores non puidemos usar por mor da COVID.

Aquí podedes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas de 3º cos disfraces, os xogos, na zona de plástica….

     

Como sabedes, estades convidados a vir visitala tódolos días da semana (excepto os martes), de 16:00 a 18:00.

Un saúdo!

 

A MAXIA DE SAMUEL MORENO

O pasado venres, 14 de outubro, o alumnado de terceiro e cuarto tivemos a sorte de seren invitadxs polo Concello de Bueu ao espectáculo de maxia de Samuel Moreno no Centro Social do Mar.

Este ilusionista galego deuse a coñecer no concurso Got Talent, onde quedeu finalista. O mago conquistounos co seu estilo de maxia e o seu sentido do humor.

Noa Fazanes tivo a sorte de ser a súa axudante en algún momento do espectáculo.

A profe Ainhoa tamén subíu ao escenario e non puido evitar botar algunha gargallada ante as ocurrencias de Samuel.

Se queredes saber máis sobre este espectáculo clicade en : XORNAL DE BUEU

 

COMEZAMOS AS SESIÓNS NA BIBLIOTECA!

Esta semana comezamos a visitar a Biblioteca na sesión semanal que temos os xoves en 1ºB e os venres en 1ºA.

Á biblioteca vamos acompañados de 2 profes, e o primeiro que nos explicaron foron as normas que hai que cumprir no Bibliocastelo, a través dunha fichiña con pictogramas que levamos a casa para ter sempre presente.

Despois, sentámonos na alfombra de escoitar contos onde nos narraron TÍO LOBO e CORRE, CORRE, CABACIÑA. Posteriormente fomos ás mesas de traballo para debuxar á nosa mascota, Papirus. Mentres tanto, por equipos, fomos coller un libro da zona azul que a profe cargou no ordenador, para levar á nosa casa e podelo ler alí con calma.

Ademais, as profes dixéronnos que os luns podemos ir no recreo para ler, ou xogar nos distintos espazos creativos.

Encantounos visitar a Biblioteca, xa estamos desexando volver!!!

DINÁMICA: "A MALETA"

O alumnado de 5º de primaria, comezamos este novo curso realizando unha dinámica moi motivadorapara poder coñecer máis aos nosos compañeiros/as.

Aquí vos deixamos uns vídeos do resultado.

Clicade na imaxe de cada clase para visualizalos.

 

 

  

REUNIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS DE TERCEIRO

Como prometimos na reunión, deixamos aquí a presentación con toda a información da xuntanza de hoxe.

 

 

A nosa primeira excursión de 4º: FIC BUEU

O mércores 21 de setembro a rapazada de 4º fomos moi emocionados ao FIC BUEU. Puidemos ver 5 curtos: I' m not afraid, The ticket, Sierra, 6 pattes sous terre e The soloists.

Ao chegar de volta a clase, todos votamos polo noso curto favorito e sen ningunha dúbida, na clase de 4ºA "The soloists" foi o claro gañador.


SOMOS FINALISTAS DO FIC BUEU!

Este venres asistimos á GALA ESCOLAS celebrada no Centro Social do Mar durante o FIC BUEU. O motivo foi a nosa nominación pola curta que fixemos o ano pasado: “OSO ATRAPABOLBORETAS”.

 

PARABÉNS a todo o alumnado de 3º polo traballo realizado! Noraboa tamén ao profesorado participante, especialmente á profe MARTA, que foi quen levou o peso deste proxecto. Podedes ver de novo a nosa curta facendo clic na seguinte foto.

A continuación, algunhas fotografías da Gala.

   

Por último, podedes ver a retransmisión da mesma no seguinte enlace.

https://m.twitch.tv/videos/1598846119

PRIMEIRA SAÍDA DE 5º: GOZANDO DO CINE NO FIC BUEU

O pasado mércores 21 de setembro o alumnado de 5º tivemos a nosa primeira saída deste novo curso. Asistimos á visualización de varias curtametraxes do FIC BUEU e, sen dúbida, pasamos unha inesquecible mañá.

Aquí vos deixamos dúas fermosas instantáneas do noso paso polo FIC.

ESTA MAÑÁ FOMOS AO FIC!!

ESTA MAÑÁ FOMOS AO FIC!!

E como nos encantan o cine e a cultura, non podiamos deixar de aceptar o convite que, cada ano, nos envían desde o FIC BUEU para gozar da selección de curtametraxes que preparan especialmente para a rapazada da vila!!

Onte fixemos na clase algunhas das actividades que nos propuxeron desde a organización deste MINIFIC; como , por exemplo, observando uns fotogramas, tratar de adiviñar que historia nos contaría cada “peli”.

Así que, alá fomos, esta mañá moi dispostxs a gozar do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU!!

Mirade que ghuapiñxs estamos no photocall!!!

 

Por certo, de regreso á escola, votamos e gañou por maioría a do osiño polar!!!

URSA, THE SONG OF THE NORTHEMN LIGTHS


MOITÍSIMAS GRAZAS Á ORGANIZACIÓN DO FIC BUEU!!!

ENCÁNTANOS !!!

O ANO QUE VÉN NON FALTAREMOS Á CITA!!

XA ESTAMOS EN 2º!!!

XA ESTAMOS EN 2º!!!

Benqueridas familias:

Xa estamos de volta e desta vez, xa non somos os cativxs do cole grande!!!! XA ESTAMOS EN 2º!!!

As profes déixanvos aquí a presentación de diapositivas que vos amosaron na reunión de familias deste pasado martes, na que falastes de como vai ser este curso, cales van ser os noso horarios...

PREMEDE NA IMAXE PARA VER A PRESENTACIÓN:

 

Ademais, ao pé desta entrada, a carón do clip, atoparedes un pdf coas instrucións da Editorial Anaya para que poidades acceder aos libros dixitais de matemáticas de 2º e ao de Lecturas de Lingua Castelá (EL LOBO LUPAS 2).

 

 

 

Distribuir contido