CURSO 6ºA 6ºB 6ºC

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS

O alumnado de 5º de primaria tivemos a sorte de contar coa visita de varios compoñentes da Asociación de Alfombristas de Bueu.

Coas súas explicacións, fomos capaces de elaborar dúas fermosas alfombras florais coa temática de Picasso.

Mirade o ben que o fixemos!!

 

VISITA DA AUTORA ANDREA MACEIRAS

O pasado xoves 25 de maio, tivemos a gran sorte de contar coa presenza da autora do libro “A folla azul”: ANDREA MACEIRAS.

Durante a sesión, puidemos gozar dun percorrido de tres días polo corazón da selva amazónica, poñendo a traballar a nosa imaxinación. Ademais, Andrea contestou a todas as nosas preguntas e asinou os nosos libros cunha fermosa dedicatoria.

Grazas, Andrea, por dedicarnos o teu tempo!!

 

CONECTA “UNIÓN EUROPEA”

Como parte do proxecto anual do noso centro "Moito máis que xogo" e dentro do noso proxecto de ciencias, o alumnado de 5º elaboramos un conecta dos países da Unión Europea.

Foi un traballo moi laborioso, debido a gran cantidade de conexións que tivemos que facer pero, sen dúbida, valeu a pena o esforzo para poder gozar do resultado final.

 

FORMACIÓN RADIO

No pasado mes de marzo, o alumnado de 5º de primaria, melloramos a nosa formación sobre radio con dúas charlas moi interesantes: Radio Voz e Formación en Radio Escolar.

 

 

ECOPERCUSIÓN

O pasado martes 28 de febreiro,  o alumnado de 5º de primaria gozou dun interesante obradoiro de ECOPERCUSIÓN impartido polo músico Didier Díaz.

Nesta actividade, o alumnado aprendeu a técnica de agarre das baquetas e o seu golpeo, así como a execución colectiva de ritmos divididos en diferentes planos sonoros.

Sen dúbida, foi una mañá diferente e moi divertida!!

 

 

ENTROIDO 2023

Este ano, polo Entroido, os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria disfrazámonos de personaxes do Videoxogo "Mario Kart". Cun pouco de imaxinación e cun montón de caixas de cartón fixemos uns Karts rapidísimos e moi chulos para despois pasear ata o cole de Infantil, onde tivemos o festival de entroido con todo o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe A Pedra.

A continuación deixamos o vídeo que resume este día.


Ata a próxima!

DÍA DA PAZ 2023

POR FIN CHEGOU O NADAL!!

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O día 24 de outubro festexamos, coma todos os anos, o aniversario da mascota da nosa Biblioteca escolar, PAPIRUS. Aproveitamos este día no que se celebra o "día das bibliotecas escolares".

Cada un de nós elaborou un marcapáxinas personalizado co noso nome e coas decoracións que máis nos gustaban.

LEMA DE NADAL

Este ano, o lema de Nadal do CEIP A Pedra foi: "O Nadal de A Pedra xoga e medra."

No lema de Nadal participan nenas e nenos de todo o cole e, este ano, o escollido é dunha das nosas compañeiras de 5º. Por isto, queremos felicitar a Emma por un lema tan axeitado e bonito. Noraboa!

Distribuir contido