blogue deAna Cabaleiro

PROXECTO DE ANIMAIS 2ª PARTE

PROXECTO ANIMAIS

Dentro do proxecto dos animais, este trimestre realizamos a primeira presentación dixital. Por parellas escolleron un animal para investigar os diferentes contidos. Durante semanas, na aula recopilaron información de diferentes páxinas en internet para despois realizar a súa presentación. 

Todo o traballo foi realizado na aula e dá gusto velos!

PARABÉN A TODXS!

 

PROXECTO ANIMAIS 1ª PARTE

 PROXECTO ANIMAIS

Dentro deste proxecto ao longo do trimestre realizamos diferentes actividades. 

Esta semana estivemos na RADIO para darlle voz a un libro que elaboramos por equipos. Cada equipo escolleu o animal que quería indagar, pero esta vez a través de diferentes lecturas en lingua galega e lingua castelá. Seleccionaron a información máis importante para despois facer unha descrición moi detallada do animal escollido. Este foi o resultado!

Encantounos ir á radio! Moi ben equipos!

 

Presentación VIRAPEDRAS POLBO PINGÜÍN PELÍCANO OSO POLAR ESCORPIÓN DEMO DE TASMANIA CABALIÑO DE MAR BALEA AZUL

PROXECTO BUEU 1ª PARTE

 

Tras a habitual asamblea de aula e facer a votación, gañou con maioría absoluta o tema de BUEU.  Como sempre, nos preguntamos que queremos saber da nosa vila e EMPEZAMOSSS.....

 

GRAZAS ARTURO POR ESTAR SEMPRE AÍ CANDO TE CHAMAMOS!

Eu son guía, eles son xs verdadeirxs protagonistas da súa aprendizaxe, xa que me propoñen diaramente novos temas dentro do proxecto. Indagan segundo os seus intereses, e só hai que velxs traballar, están moi motivadxs!

Xa sabemos moito de Bueu, porén decidimos ir visitar eses lugares que estivemos traballando na aula. 

 

 

Grazas ao alcalde Félix Juncal, aos concelleiros Alberto Moital, Agustín Gallego, Xosé Leal e a concelleira Silvia Carballo por recibirnos e atender as nosas demandas. Grazas tamén a Tensi polas xestións previas.

Pero esto non acaba aquí, co gallo do noso 50 aniversario, o alcalde e algúns concelleirxs foron exalumnos do noso centro, polo que a vindeira semana virán realizar unha entrevista na radio.

Tamén temos pendentes as nosas exposicións dixitais polo que ...

CONTINUARÁ!

 

Noticia publicada na páxina do concello

ROSALÍA/22

 

Co gallo do nacemento de Rosalía, o 23 de febreiro festexamos o aniversario da escritora galega máis universal. Este é o primeiro ano que se celebra un 23 de febreiro e non o 24, xa que se descoñecía o día exacto ata agora.

O 22 de febreiro recibimos un contacontos, ESTEBAN de TARABELOS....e que nos veu contar?

Un conto de CANTARES GALLEGOS!

 

 

 

Máis tarde nas aulas, debuxamos o conto de Vidal; chourizos, unha aldea, o río Sar, Vidal, caldo, galiñas, porquiños...porque con estos debuxos Esteban algo está argallando para o noso patio. 

CONTINUARÁ...!

ENTROIDO 2022

 

E POR FIN CHEGOU O ENTROIDOOOO!!!!

O venres 25 de febreiro festexamos o entroido no noso centro. Despois de toda a semana do Mandadiño, o venres despois do recreo volvemos a xuntarnos todo o alumnado no noso patio e fixemos un pouquiño de festa. Cada curso desfilou e cantamos a canción SON DE BUEU.

 

 

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 

 

O pasado venres 28 o alumnado de 3º celebramos O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, por primeira vez neste curso reunímonos todo o alumnado e profesorado de primaria  para cantar todxs xuntxs as cancións escollidas da RUMBA DAS APERTAS de Magín Blanco e IMAGINE de John Lennon, que estivemos cantando durante toda a semana nas aulas. Esta última canción está de aniversario como o noso centro, nin máis ni menos que 50 aniños!!

   

 Tamén elaboramos un mural conxunto entre todas as aulas de primaria, no que cada clase continuou co lema da paz MEDRAMOS XUNTOS E XUNTAS NA PEDRA CANDO... a aula de 3º B escolleu cando COOPERAMOS, e en 3º A, CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO.

Dende a área de ARTS AND CRAFTS quixemos deixar as nosas pegadas nas paredes do corredor, simbolizando o respecto, a amizade, a solidaridade...importantes para vivir nun mundo mellor e en paz.

 

   

 

 

NADAL 2021

NADAL 2021

Estes derradeiros días estivemos festexando xa o inicio das vacacións de Nadal; decoramos as aulas, os diferentes murais do centro, vimos algunha película, xogamos máis tempo no patio... en resumo, estivemos de relax!

Hoxe por mor do Covid non puidemos facer os habituais obradoiros, porén fixemos uns máis pequenos por niveis. Nas aulas de terceiro empezamos cun obradoiro de plástica no que elaboramos unha postal navideña. Despois fixeron un obradoiro de movemento moi divertido coa profe Gore. 

Este é un pequeno resumo destes días!

 

MOI FELICES FESTAS E BO NADAL A TODXS!

O UNIVERSO

O UNIVERSO

 

Non adoito repetir un proxecto pero este LIBRO DE LAPELAS sobre o universo, encántame! O NOSO UNIVERSO.

Como cada inicio de proxecto facemos unha sesión anotando todo o que sabemos e o que queremos saber.

Durante meses estivemos investigando a través de lecturas en lingua castelá e lingua galega todos os planetas. Tamén vimos un montón de vídeos sobre cada planeta, anotando as súas características e curiosidades e na biblioteca escoitamos e vimos un pequeno planetario móbil. Por outra banda, na aula de informática en parellas tamén indagamos sobre o planeta que nos tocaba e  realizamos un montón de KAHOOTS sobre o universo para ir repasando a modo de xogo todo o que iamos aprendendo.

Da biblioteca do centro collimos un montón de libros para a nosa aula, tamén o alumnado trouxo libros da súa casa. Así compartimos diversas lecturas e aprendemos un montón de curiosidades.

Con cada lectura traballamos o vocabulario máis importante, aprendemos a subliñar aquela información máis relevante para posteriormente facer preguntas. Desta forma aprendemos a seleccionar os datos.

Para plasmar boa parte do que fomos aprendendo con este proxecto elaboramos este libro de lapelas. 

Así foi o proceso do ben que o pasamos.

 

PARABÉNS POLO TRABALLO!! 

1º TRIMESTRE SUPERADOOO!! ;) 

Distribuir contido