Blogues

A RECEITA

 

Este trimestre seguimos co texto instrutivo, no anterior fixemos o xogo e agora toca a receita. 

Despois de realizar na clase en equipos cooperativos varias receitas, chegou a quenda de cociñar. Como sempre, aprender facendo é o máis divertido e motivador!

Ollade que ben o fixeron! Moi bo traballo en equipo, cracks!!! ;)

 

 

PROXECTO DE METEOROLOXÍA 3º PRIMARIA

Aproveitando que o alumnado de terceiro desenvolvemos un proxecto de meteoroloxía no comezo do segundo trimestre, visitamos a caseta meteorolóxica durante todo o mes de xaneiro.

 

Cada día tras comprobar os parámetros de temperatura, presión atmosférica, humidade e precipitación iamos rexistralo no recunchode meteoescolas.

Empezamos a familiarizarnos cos climogramas e construímos un por cada semana.

Tivemos a sorte de rexistrar o acontecido por dúas borrascas: GÉRARD e HANNELORE, que nos permitiron recoller no pluviómetro precipitacións de máis de 30 ml. Tamén comprobamos que  a diferenza entre a temperatura máxima e mínima era moi pequena.

As dúas últimas semanas o tempo cambiou por completo. Estivemos dominados por un anticiclón que trouxo o tempo moi seco pero con temperaturas mínimas moi baixas e máximas sorprendentemente altas. Fixádevos como cambiou o climograma.

 

Durante este proxecto, investigamos sobre moitos aspectos tan de actualidade como cambio climático, quecemento global, burato da capa de ozono ou efecto invernadoiro. Tamén indagamos sobre fenómenos atmosféricos extremos como furacáns, ciclóns, tornados, secas ou inundacións. Encantounos saber sobre acontecementos meteorolóxicos misteriosos como nubes luminiscentes, auroras boreais, neve rosa, chuvia de animais… ou descubrir quen inventou o pluviómetro, o termómetro, o barómetro ou anemómetro.

DÍA DA PAZ

O pasado luns 30 de xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ.

Nos días anteriores estivemos traballando nas aulas este tema e fixemos uns propósitos por equipos que despois plasmamos nun pergamino para poñer no mural cooperativo, dentro dunha pomba.

O luns, despois do recreo, xuntámonos no patio dos maiores todo o alumnado do colexio, incluído os peques de infantil.

Unha vez reunidos, saímos por clases a manifestar os nosos propósitos pola Paz e seguidamente cantamos acompañados de lingua de signos as cancións elixidas para esta data:

- Convivindo, de María Fumaça.

- All you need is love, de The Beatles.

Esperamos que pouco a pouco o mundo se convirta nun lugar onde reine a Paz.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

 

Este é o mural que preside a entrada do noso colexio e, que nesta ocasión, está decorado cos propósitos de Paz, que todo o alumnado do centro propone para este ano 2023.

Estas foron as nosas suxestións:

3ºA

3ºB

 

4ºA

 

4ºB

 

Nin a meteoroloxía nin a COVID, impediron que este ano o día 30 de xaneiro nos xuntáramos infantil e primaria no patio cuberto do cole.

Alí lemos os propósitos de todas as aulas. 

Finalmente cantamos xuntos:

CONVIVINDO: De María Fumasa

ALL YOU NEED IS LOVE. De The Beatles.

No seguinte vídeo poderedes ver un bonito momento vivido ese día, cando todo o alumnado e profesorado de A Pedra, cantamos e interpretamos en lingua de signos o retrouso da canción de María Fumasa, baixo a batuta de Rosa Louro.

 

 

DÍA DA PAZ 2023

REUNIÓN FAMILIAS 2º TRIMESTRE

REUNIÓN FAMILIAS 31/01/2023

Queda aquí nesta presentación a información compartida coas familias esta tarde na escola, para acceder ao contido premede na imaxe. 

PROPÓSITOS DE PAZ EN A VOZ DA PEDRA

O alumnado de 3º quere compartir dende as instalacións de A Voz de A Pedra  os PROPÓSITOS DE PAZ PARA O ano 2023, consensuados na aula.

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!!

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Esta mañá, xuntámonos no patio dxs maiores para celebrar todxs xuntxs (tamén viñeron xs compis de Infantil!!) para celebrar o DÍA MUNDIAL DA PAZ!!

Levabamos dúas semanas traballando e investigando nas aulas para coñecer o significado desta celebración, saber por que se festexa este día; para coñecer outras persoas importantes, como GANDHI, que se esforzaron por defender os dereitos das persoas e das nacións a través da PAZ...

Aprendemos dúas cancións (ALL YOU NEED IS LOVE, dos BEATLES, e CONVIVINDO, de MARÍA FUMAÇA). A primeira fala da necesidade de amor e a segunda, da aventura de convivir compartindo cada día novas experiencias.

Rosa Louro ensinounos a signar o retrouso desta!! PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO!!

Tras moito reflexionar, escribimos as mensaxes de Paz que queriamos compartir con todxs. Velaí van!!

  "Cando traballamos en equipo

aprendemos a confiar,

 construímos amizades

  que nos axudan a medrar,

 a superar os noso medos,

 a esforzarnos por avanzar,

 a afrontar con enerxía

os novos retos que han chegar."

 

 

    "Nenos e, nenas e maiores

    debemos respectar

    as regras dos xogos

    e así desfrutar

    xuntos na PAZ!!"

 

 

 

Ademais, Poñémosvos un vídeo da canción de MARÍA FUMAÇA que as mestras do cole de Infantil ABELLIÑAS subiron a YOU TUBE e que nos encantou porque está interpretado en lingua de signos. PREMEDE NA IMAXE PARA VELO:

 CONSTRUAMOS ENTRE TODXS

UNHA CONVIVENCIA EN PAZ!!

SAÍDA DEPURADORA E AULA NATUREZA BELUSO

 

O mércores 25 de xaneiro por fin puidemos realizar a saída á depuradora de Beluso, xa que por mor do tempo non se puido realizar antes.

 Co gallo do proxecto da Auga do primeiro trimestre, estudamos o ciclo urbano da auga e que mellor forma de afianzar eses contidos que visitando a depuradora de Beluso e ver como funciona. 

Grazas a Carolina e David de Aqualia que nos explicaron moi ben o percorrido da auga, dende que chegan os residuos ata que volven ao mar limpos. 

Ao rematar, aproveitamos o día de sol e fixemos un pequeno roteiro ata a Aula de Natureza de Cabo Udra. Alí nos estaba esperando Xosé Leal do concello de Bueu, onde nos explicou moitas curiosidades da contorna de Udra.

Moitas grazas!

Ollade que ben o pasamos!

A RULETA DO UNIVERSO

A semana pasada viñeron visitarnos dúas compañeiras á clase: Mar e Noa. Como sabedes, no primeiro trimestre estivemos traballando o proxecto  O UNIVERSO. Con tal motivo, elas idearon un xogo sobre esta temática, en relación ao PAL “MOITO MÁIS QUE XOGO”, e viñeron amosalo para ver se recordábamos algo ou non.

 

O xogo consistía no seguinte: unha ruleta con distintas preguntas que elas mesmas escribiron en tarxetas de cores. Un representante de cada equipo da aula tiña que ir saíndo para facer unha tirada e responder á pregunta que lle tocara. Se acertaban eles sós gañaban dous puntos para o seu equipo, se o facían con axuda dos compis só un punto, e se ninguén sabía a resposta… quedaban como estaban.

 

Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas novas!!!

Distribuir contido