Blogues

CHARLA ILLAS ATLÁNTICAS

Hoxe viñeron á escola dous guías do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Suso e Ana.

A xornada foi moi diversa pois comezaron cunha presentación na que nos amosaron As Illas Atlánticas e descubrimos que a nosa Illa de Ons é unha delas! Ao longo da charla, o corvo Martiño, que é un corvo mariño, foinos falando da fauna, flora e o ecosistema deste Parque Nacional. Seguidamente contáronnos un conto sobre a súa vida e rematamos cuns obradoiros para descubrir obxectos de cada lugar da Illa: duna, bosque, rochas...

Foi unha xornada divertida na que, unha vez máis, aprendemos xogando.

Moitas grazas!

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

Hoxe foi un día moi especial… como cada ano, dende o noso centro celebramos o día da muller.

Comezamos explicándolle ao alumnado a importancia e o por qué de conmemorar este día. Ademais, falamos de mulleres que son importantes nas súas vídas: nais, avoas, mestras… tiñades que escoitar as cousas tan bonitas que dixeron!

Ademais, acudimos ao pavillón de Bueu para realizar a actividade XOGANDO SEN XÉNERO, no marco do noso plan anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO. 

Primeiro, as monitoras explicaron que antes os xoguetes eran para nenos ou para nenas, pero isto a día de hoxe xa non e así, e todos e todas podemos xogar co que queiramos.

A continuación faláronnos sobre as normas e funcionamento dos xogos e distribuímonos polo espazo para poñernos mans á obra.

Aparte de xogos tradicionais coma o tres en raia, o mikado os zancos… tamén fixemos actividades colaborativas coa corda e o paracaídas e incluso bailamos un pouco de baile galego.

Premendo na seguinte imaxe grupal podedes ver un vídeo co ben que o pasamos.

APRENDEMOS NOVAS CURIOSIDADES SOBRE O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

APRENDEMOS MÁIS CURIOSIDADES

DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Onte recibimos unha vista moi interesante e agradable. Viñeron ao cole Ana e Suso, biólogos e guías do PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Igual que nos sucedera cando estabamos en 1º, encantounos a actividade. Explicáronnos que illas forman o Parque Nacional Das Illas Atlánticas; exactamente, o arquipélagos das Illas Cíes, o arquipélago das Illas Ons, a Illa de Sálvora e a de Cortegada todas elas moi diferentes entre si.

Tamén nos falaron dalgunhas das especies animais e vexetais que teñen alí o seu hábitat.

Martiño, o corvo mariño, constrúe o seu niño nos cantís; mentres que as cobras e outros réptiles prefiren camuflarse nas matogueiras de toxos e os caracois de duna prefiren facelo na area da praia.

Aqueles que viven todo tempo no mar, como as algas; os peixes como o rodaballo, o linguado e a raia; os crustáceos como as centolas e os caranguexos; os equinodermos como os ourizos... escollen zonas distintas para acubillarse. Uns prefiren a area e outros, as rochas.

Despois da charla explicativa, fixemos un xogo moi divertido para comprobar o que aprenderamos. Tiñamos que pescar algunhas destas especies e colocalas na parte do mural correspondente ao seu fogar.

Para rematar, lembráronnos que debemos ser moi coidadosxs e poñer moita atención cando camiñemos por entornas naturais. Se nos fixamos ben, poderemos descubrir o “rastro de animais” que habitan o lugar. Para demostrárnolo, trouxeron algúns que atoparon nas illas. Resultou do máis sorprendente!!! Amosáronnos plumas de gaivota, os restos dun ovo de raia, o dente dun ourizo de mar e, o máis alucinante, a “camisa” dunha cobra!!!

Lembráronnos tamén o importante que é coidar a Natureza porque é o noso fogar e mais o de todos estes seres vivos. DEBEMOS GARDALA COMO UN TESOURO, CON TODO O MIMO POSIBLE!!!

REMATAMOS A SESIÓN CUN APLAUSO ENTUSIASTA!!!

MOITAS GRAZAS, ANA E SUSO!!!

ENCÁNTANOS TODO O QUE NOS ENSINADES!!

AGARDÁMOSVOS O CURSO VINDEIRO!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

 

 

 

Imos ao teatro a ver a obra "NAUTILUS"

De primeiras, fomos ver a obra "NAUTILUS".

Nun submarino secreto que percorre os océanos de todo o mundo, lonxe de todo e de todos, o capitán Nemo observa que os arrecifes de coral se converteron en montañas de lixo, os peixes en bolsas de plástico e os prados de posidonia en vertedoiros acuáticos. A vida mariña corre perigo e Nemo propúxoo evitalo, pero non pode facelo só. Por iso contrata ao profesor Aronax, a quen emprenderá unha viaxe de 20.000 leguas submarinas para mostrarlle os segredos dun mundo fascinante ameazado pola contaminación. 

Cando saímos do teatro fomos merendar e dar unha camiñata polo río Lérez. Divertímonos todos moito e a mañá pasou voando!

Ollade o seguinte vídeo:

OBSERVANDO O TEMPO

No mes de febreiro, tocounos ao alumnado de 1º observar o tempo. Descubrimos que somos unha Meteoescola e que é moi importante que recollamos ben os datos para poderllos enviar a Meteogalicia.

Realizamos moitas actividades relacionadas co tempo, ademais da observación anotabamos diariamente os resultados no panel da Biblioteca, e incluso fixemos unha lectura sobre o nome dos aparellos Meteorolóxicos. Tamén observamos e tratamos de comprender o calendario de luadas de febreiro.

O alumnado comezou a percatarse de que sucedían cousas arredor relacionadas coa meteoroloxía e rapidamente informan as mestras dos achados... Como o día no que as rodas apareceron conxeladas!!!

O que máis nos gustou foi recoller a chuvia, pero tivemos mala sorte pois non choveu apenas... Esperamos que a seguinte vez que volvamos podamos atopar auga no pluviómetro!

UN ENTROIDO DE XOGO

Durante estas últimas semanas vimos preparando o Entroido na escola, esta vez baixo a temática do xogo. Comezamos a semana co Mandadiño, cada día tiñamos que traer algo distinto...O alumnado de 1º elixiu disfrazarse de TRES EN RAIA, pero para non malgastar nada, fixérono con materiais reciclados. Así que trouxeron cartóns e tapóns de botellas da casa e na escola coloreamos os cartóns para facer os taboleiros.

O día do Entroido, as mestras sorprendéronnos coas fichas para xogar. Tres delas eran da cara de Rosalía de Castro e as outras tres da nosa cara. Ademais, veñen pegadas con velcro para que nós podamos xogar con elas. Gustáronnos moito!

Unha vez que estivemos vestidos, fixemos un pequeno pasarrúas ata o cole de Infantil, onde desfilamos ao son de Paco Nogueiras co seu Brinca Vai. Rematou a festa a comparsa Os Mulos, cos que cantamos de viva voz o seu FALEMOS GALEGO (NA RÚA E NA ESCOLA)

Ao chegar de volta á clase compartimos unha merenda chea de doces típicos de Entroido. Comemos filloas, orellas, flores... todos xuntos e gozamos moito das lambetadas e dun rato de xogos entre amigos!

O venres 24 aínda tiñamos ganas de Entroido así que fomos disfrazados á escola e despois do recreo tivemos unha festa todos os cursos de Primaria xuntos na que xogamos e bailamos moito. Foi un Entroido que deu moito xogo!!!

MENUDO ENTROIDO!!

MENUDO ENTROIDO!!!

Este venres puxemos o peche a un Entroido como había ben de tempo que non podiamos celebrar!!!

Unha semaniña enteira de “MANDADIÑOS” nos que cada mañá nos erguiamos ansiosxs por chegar ao cole para escachar coa risa ao ver as pintas que levabamos!!! ( con algo na cabeza, cun zapato de cada clase, en pixama... UNHA RISOTADA CADA DÍA!!!!)

Logo, o venres, saímos desde o patio do cole grande nunha ringleira multicolor na que cada clase ocupaba o seu posto. Iamos disfrazadxs de xogos do máis diverso!! De Tres en Raia, de Parchís,  de Pokémon, de Comecocos, de Mario karts, de Xadrez...

Cando chegamos ao cole de Infantil, agardábanos xa preparadiñxs as profes e xs compism vestidos de PEZAS de Dominó; estban chulísimxs!!! As profes do cole de INFANTIL organizárannos unha superfesta no patio onde tanto temos xogado anos atrás!! Estaba precioso!!! Con imaxes dos disfraces que levabamos en cada curso, con música a tope e mesmo cunha máquina de facer pompas!!!! FOI FANTÁSTICO!!! MOITÍSIMAS GRAZAS, PROFES DO NOSO COLE DE INFANTIL!!! Alí desfilamos, bailamos e cantamos diante da mirada espectante das nosas familias.

Para rematar, a comparsa OS MULOS, composta por algún que outro dos nosos avós, cantáronnos algunhas das súas coplas máis famosas. Con eles compartimos  “FALEMOS GALEGO”, que nós aprenderamos na clase uns días antes; ENCANTOUNOS!!!

Ao rematar, volvemos ás aulas para gozar dunha riquísima merenda a base de larpeiradas de Entroido!!!

Tras varios días de vacacións, este venres, despois do recreo, fixemos outra festa no patio do maiores do cole de Primaria no que cadaquén levaba  o disfrace que lle petaba.

Xuntxs bailamos, corremos e saltamos a pracer!!

FOI UNENTROIDO DETRACA!!!

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

ENTROIDO 2023

Este ano, polo Entroido, os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria disfrazámonos de personaxes do Videoxogo "Mario Kart". Cun pouco de imaxinación e cun montón de caixas de cartón fixemos uns Karts rapidísimos e moi chulos para despois pasear ata o cole de Infantil, onde tivemos o festival de entroido con todo o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe A Pedra.

A continuación deixamos o vídeo que resume este día.


Ata a próxima!

PLANTACIÓN DE ÁRBORES COA FUNDACIÓN JUÁN XXIII

O mércores pasamos unha xornada inesquecible grazas aos mozos e mozas da Fundación Juan XXIII de Pontevedra e ao Concello de Bueu, que nos invitou a participar.

Como sabedes, este curso estivemos traballando dende as ciencias tres proxectos: O UNIVERSO, AS PLANTAS e A METEOROLOXÍA. En relación aos mesmos e como parte final realizamos esta xornada de plantación de árbores que a continuación vos explicamos. 

O alumnado do ciclo formativo de xardinería da Fundación foi contratado polo Concello de Bueu para levar a cabo a tarefa en cuestión. Para isto contaron coa nosa colaboración, os cativos e cativas de 3º de primaria.

Comezaron explicándonos a importancia das árbores na ribeira dos ríos, e facéndonos algunhas preguntas sobre o tema que soubemos responder moi ben, amosando o moito que aprendemos ata agora.

Depois, dividímonos en equipos de traballo e distribuímonos ao longo do Río Bispo para plantar acivros, carballos, maceiras, cerdeiras, freixos e sanguiños; árbores que poderemos ver e ensinar con satisfacción sempre que demos un paseo pola zona. 

Para rematar, precisabamos repoñer forzas e nos agasallaron cunha merenda máis que merecida!!!

GRAZAS JOSÉ, VERÓNICA E CARME por educar e formar tan ben e pola esquisita sensibilidade que amosades!

AGRADECEMENTO ESPECIAL PARA ÁFRICA, NACHO, JUAN, CARLOS, JOSÉ, ÁNGEL E ANDRÉS, por ensinarnos a plantar con tanto cariño e paciencia.

As profes prometéronnos que apróxima vez iremos nós a Pontevedra a visitaros!

 Nos seguintes vídeos podedes ver as fotografías de toda a xornada.

 

 

ENTROIDO NO CEIP P. A PEDRA 2023

 

E por fin chegou o día!

Despois de facer os traxes nas aulas e cantar a canción de Falemos Galego, este venres 17 fixemos un pequeno percorrido ata o noso centro de infantil. As nosas compañeiras tiñan todo moi ben organizado e puidemos gozar dun pequeno desfile de todas as clases, finalizando coa actuación OS MULOS, tocaron varias cancións e entre elas Falemos Galego.

Ao rematar volvemos ás aulas, onde puidemos degustar dos produtos de entroido, grazas familias!

Agora toca descansar, bo entroido a todxs! 

Ollade neste pequeno vídeo que ben o pasamos!

 

 

 

Distribuir contido