Normalización

E CHEGOU O NADAL!!!

 E CHEGOU O NADAL!!!!!

Que ledicia!!!! Por fin chegou o 21 de decembro e, como xa viñamos comentando cada día na clase, sucederon dúas cousas ben importantes:

o  Cambiamos de estación; rematou o outono e comezou o inverno

o  E chegaron as ansiadas FESTAS de NADAL!!!

E para celebralo, tivemos unha mañá chea de diversión!!!

De feito, xa comezamos a xornada con sorpresas porque, despois de facer as rutinas de primeira hora, petou na nosa porta UNHA PARELLA DE PAXES DOS REIS MAGOS que nos viñan preguntar se alguén de nós esquecera enviar a carta Ás Súas Maxestades e se queriamos aproveitar para entregárllela a elxs. Ademais, agasalláronnos unha bolsiña de larpeiradas para tomar coa merenda!! QUE SORTE...!!!

E despois desta visita tan emocionante, puxémonos mans á plastilina para crear animaliños (porquiños, ovellas, pitiños, parrulos, cisnes, cans, mesmo unha serpe...), árbores, flores, bonecos de neve, algunha que outra persoa...para a paisaxe de Nadal que todxs xs nenxs de 1º e 2º compuxemos en común; iso si, cadaquén na súa aula, que, con isto da COVID... xa sabedes...!! O RESULTADO FOI ESPECTACULAR!!!

A merenda foi do máis lambona..!!! CHOCOLATE E LAMBETADAS DE TODA CLASE...!!!

Logo, baixamos ao patio e, despois do recreo, outras dúas sorpresas máis:

A PROFE LINA VEUNOS CONTAR A HISTORIA DO APALPADOR!!!

 

 

Trouxo unha especie de “teatriño de madeira” moi raro no que, a medida que lía, ía cambiando de lámina; era chulísimo!!! Explicounos que se chamaKAMISHIBAI”, que é xaponés e que o seu nome significa “teatriño de papel”.ENCANTOUNOS!!! MOITAS GRAZAS, PROFE LINA!!!

Xa para rematar, baixamos ao patio grande (o dxs maiores) a cantar a panxoliña  de KÓKITI MÚSICA titulada “XA SINTO O NADAL!”que aprendemos na clase.

ROSA LOURO, a profe de lingua de signos, ensinounos un anaquiño e grabounos. A ver se vos gusta o vídeo!!! PREMEDE NA IMAXE PARA VELO.

MOITAS GRAZAS, ROSA!!!

Marchamos para a casa, coas fichas que fixemos durante este trimestre, MOI ORGULLOSXS DO NOSO TRABALLO!!!

 MOI BO NADAL A TODXS!!!

 

A PROFE CRIS DÁNOS UNHA CLASE DE CIENCIAS SOBRE SAÚDE BUCODENTAL

Hoxe tivemos unha clase de ciencias moi especial!!!

A profe Cris, que ademais de mestra é Técnica Superior en Saúde Bucodental, explicounos unha chea de cousas sobre qué debemos facer para coidar ben a nosa boca como:

 ·     CEPILLAR OS DENTES, POLO MENOS, TRES VECES AO DÍA (sobre todo, A MÁIS IMPORTANTE DE TODAS, POLA NOITE, antes de deitarnos; para evitar que as bacterias actúen mentres durmimos....!).

 

 ·     DEIXAR PASAR ENTRE 15 E 30 MINUTOS DESDE QUE ACABAMOS DE COMER ATA QUE LAVAMOS OS DENTES; para que a saliva e a lingua vaian eliminando os restos de comida que nos queden na boca.

 ·     NON USAR O MESMO CEPILLO DE DENTES (o mesmo cabezal, no caso dos eléctricos) DURANTE MÁIS DE 3 MESES!!!

 EVITAR TOMAR COMIDAS E BEBIDAS CON AZUCRE, que provocan caries.

·   ACUDIR Á CLÍNICA DENTAL, polo menos, UNHA VEZ AO ANO, para que nos revisen ben a boca.

Tamén aprendemos unha chea de palabras novas como:

o  Placa bacteriana

o  Sarro

o  Xenxivite

o  Halitose

 

 

 

 

Foi unha clase interesantísima!!!!

Unha extraordinaria forma de celebrar dous acontecementos importantes:

O PAPEL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA e o 50º ANIVERSARIO DA NOSA ESCOLA; xa que Cris, igual ca nós, foi alumna do noso cole.

MOITAS GRAZAS, PROFE CRIS!!!

NECESITAMOS REFERENTES COMA TI!

QUERÉMOSTE!!!

 

NOVEMBRO - MES DA CIENCIA EN GALEGO

Nestas datas, estamos a celebrar na escola o MES DA CIENCIA EN GALEGO. Con tal motivo, visitamos o LABORATORIO para facer unha experiencia sobre OS SENTIDOS, un tema que ademais formaba parte no noso proxecto de ciencias "COIDÁMONOS E COIDAMOS". 

 

Nas seguintes fotos podedes observar o ben que o pasaron experiementando!

 

Por outra banda, recibimos a visita de Cris, exalumna do centro e alumna de prácticas 1º curso de primaria. Cris, antes de estudar para mestra realizou estudos de  hixiene bucodental, e veunos contar cómo debemos coidar os nosos dentes, falounos das enfermidades ocasionadas por unha mala hixiene e lembrounos da importancia de acudir ao DENTISTA, cando menos, unha vez ao ano.

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

E, unha vez máis, lembrando a canción de PACO NOGUEIRAS, que nos di “EN GALEGO TODO O PODO FACER!”, celebramos que EN GALEGO TAMÉN PODEMOS FACER CIENCIA!!!! POR SUPOSTO!!!!

A semana pasada visitamos a SALA DAS CIENCIAS do noso BIBLIOCASTELO!!! QUEDAMOS ABRAIADXS!!! Descubrimos toda clase de trebellos do máis interesantes relacionados co espazo, o corpo humano, as matemáticas.... mesmo un impresora  3D!!!

As profes leváronnos alí para desenvolver dous experimentos diferentes:

Xs alumnxs de 1º A, comprobamos como era posible lograr que un ovo flotase.

 Para o da flotabilidade empregamos os seguintes materiais:

  • ·                             2 ovo
  • ·                            6 culleradas de sal
  • ·                            Auga da billa
  • ·                             2 vasos
  • ·                            1 culler

 O experimento consistiu en comparar dúas situacións case iguais:

Botamos auga en dous vasos un ovo metido nun vaso con auga da billa e outro metido en auga con sal. Descubrimos que ao engadirlle o sal á auga, aumentaba a súa densidade (volvíase máis “espesa”) e facía que o ovo flotase. Parecía maxia!!!

Mirade que interesante!!!!

 Xs alumnxs de 1º B, convertemos un ovo nuha bóla que saltaba!!!

Tivemos que ter un pouco de oaciencia; pois, para ver o resultado do noso experimento tivemos que agardar varios días.

 O que nós fixemos foi meter un ovo nun vaso con vinagre.

Os materiais que empregamos foron:

  •      1 tarro de cristal
  •      1 ovo
  •      Vinagre

Case de inmediato, puidemos ver como empezaban a aparecer burbulliñas que nos indicaban que algo estaba a suceder na casca do ovo!

 

Despois de dous días de espera, descubrimos que se volvea branda e parecía que o interior do ovo se inchara. Ao sacar o ovo do vaso, comprobamos que parecía unha pelota saltarina!!!!

 

 

 

 ENCANTOUNOS!!!

A VER SE REPETIMOS AXIÑA!!

QUE VIVAN A CIENCIA E NOSA LINGUA!!!

 

 

 

 

 

ESTE MÉRCORES, TIVEMOS MAGOSTO!!!

Este mércores pasado, véspera de San Martiño, celebramos o MAGOSTO!

O día anterior, as profes explicáronno por que se celebra esta festa, cantamos cancións (O RAP DO MAGOSTO, de PACO NOGUEIRAS a petición de Diego), fixemos actividades interactivas e unha ficha con poemas, adiviñas e refráns.

Como xa sabedes, por mor da COVID, aínda non puido ser como nos gustaría a todxs, compartindo os espazos cxs compañeirxs de 1º e 2º; pero, polo menos, xs de 1º,si que estivemos xuntxs!! Como era ao aire libre... Iso si, con máscara e cumprindo os protocolos!!

 A iso das 11 baixamos ao patio a gozar dos Xogos Tradicionais que o profe José Ángel e a profe Goretti nos organizaron grazas, como cada ano, á ASOCIACIÓN CORREDOIRAS que, moi xenerosamente, nolos presta.

Pasámolo moi ben! Case todos, eran xogos de habilidade para os que había que atinar ben. Foi moi divertido! Iamos rotando polas distintas zonas nas que estaban distribuídos os xogos ata que... de súpeto, comezaron a soar uns foguetes atronadores que nos asustaron un montón! Menos mal que xa faltaba pouco para subir merendar; así que, as profes decidiron que era mellor ir para a clase.

Cando chegamos arriba, lavamos as mans, desinfectamos as mesas e , dalí a uns minutiños apareceu a profe Lina cunha caixa chea de castañas que nos asara Ramón. Estaban riquíííííísimas!!!!!

 Logo, xogamos na clase! Foi un día estupendo!!

Por certo, mirade que guapxs estamos coas coroas de castañas que fixeramos na clase de plástica coa profe Loli!

 

 MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN CORREDOIRAS, A RAMÓN, A JOSÉ ÁNGEL, A GORETTI, A LINA!!! O TRABALLO EN EQUIPO, SEMPRE DÁ BOS RESULTADOS!!!

 

FOMOS AO CORRELINUA!!!!

 

E como non hai dúas sen tres... o venres, ademais de SAMAÍN, tivemos CORRELINGUA!!!

Esta é unha festa que cada ano celebramos para compartir a ledicia de ter a lingua galega, para sentirnos orgullosxs dela, para mimala coma un tesouro, como o máis fermoso dos monumentos!!!

Porque, como di Paco Nogueiras:

“En galego falo, en galego sinto,

en galego canto. Sabes que non minto!

En galego todo podo facer,

en galego estou no mundo,

Meu o mundo é!”

Este ano, por mor da pandemia, a festa consistiu nun concerto que se celebrou no Centro Social do Mar e o noso foi o cole invitado!!! A rapazada doutros coles tivo que velo a través de Internet.

Asistimos 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Cantaba un grupo que se chama MÚSICA MIÚDA e presentaba  Fran Rey, un mago moi simpático que nos fixo algúns trucos abraiantes!!!!

 

CANTAMOS, BAILAMOS, cadaquén diante do seu asento para respectar os “grupos burbulla”, e pasámolo moi moi ben!!!

ENCANTOUNOS PARTICIPAR!!!

Ao rematar, agasalláronnos cunha mochila co deseño do cartel e o lema deste ano: “INMUNÍZATE CO GALEGO!!!”

Nesta ligazón que colgou o Concello na súa páxina pódese ver o concerto enteiro:

https://www.youtube.com/watch?v=JyD7gUR_XwQ

 

 

 

 

 

 

 

E CHEGOU A SAMAÍN!!!!

 

E CHEGOU O SAMAÍN!!

Vaia semana máis intensa...!!!
Como o venres celebrabamos o
SAMAÍN, Ao longo deses días fixemos actividades interactivas, debuxamos e recortamos cabazas para o mural grande do recibidor do cole  e decoramos a clase.

Tamén fomos traendo as nosas cabazas decoradas facendo referencia ao 50º aniversario da escola. Había unha chea delas, TODAS CHULÍSIMAS!!!

Ademais, o venres puidemos vir disfrazados. Mirade que guapxs saímos na foto!!!!!

 

 

Lingüística...

 Blogue do Equipo de Normalización lingüística

http://enredemosapedra.blogspot.com.es/  

Enredemos-Blog N. Lingüística

 

PREMIO da Cosellería de EDUCACIÓN ao noso proxecto de NORMALIZACIÓN:
A Consellería de Educación ven a recoñecer a labor das nosas propóstas educativas no eido la Normalización Lingüística cun premio que nos presenta na vangarda do compromiso coa nosa lingua. 
 

      Ao inicio do curso quedou constituido o equipo de E.N.L. estando integrado cos seguintes membros:


Obxectivo xeral:

• Garantir a igualdade de competencia lingüística en galego e en castelán como linguas oficiais de Galicia e favorecer a normalización do galego na vida diaria do centro por parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra delas.

Obxectivos específicos:

• Fomentar o coñecemento e utilización correcta e apropiada da lingua galega tanto oralmente como por escrito, empregandoa como a lingua vehicular e de aprendizaxe en todos os ámbitos: relacional, administrativo, de comunicación e de ensinanza aprendizaxe.
• Conseguir un dominio oral e escrito da lingua castelá que permita ao alumnado utilizala apropiadamente como fonte de información e vehículo de expresión, e poder relacionarse en ámbitos castelan parlantes.
• Comprender e expresar en lingua estranxeira -inglés- mensaxes sinxelos dentro dun contexto.
• Adquirir os coñecementos prescritos e a competencia lingúística adecuada en galego e en castelán ao final da etapa de Educación Primaria para ter un dominio paritario de ambas linguas.
• Desenvolver as capacidades expresivas e comunicativas dos alumnos e alumnas para ser interlocutores activos e receptores de información, críticos, e por tanto, libres; buscar recursos e estratexias para despertar o gusto pola lectura, tanto en galego como en castelán e inglés

Actividades:

a) Samaín e magosto.
b) Millo corvo.
c) Lectura de libros en galego.
d) Encontros cos autores e autoras en galego.
e) Elaborar libros con experiencias recollidas polo noso alumnado.
f) Revista escolar.
g) Correlingua 
h) Ciclo de actividades polas Letras Galegas.

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido