Blogues

FIC 2023

Que boa maneira de comezar un novo curso! O pasado xoves 21 de setembro baixamos ao centro social para ver as curtas do MINIFIC.

Proxectáronse cinco:

  • Despreocupadamente
  • Chimborazo
  • Ser irmás
  • O cativo e o elefante
  • Boom

Ao saír fixémonos unha foto no photocall da organización.

Encantáronnos todas, pero cando chegamos á clase votamos. Estes foron os resultados.

Ademais de desfrutar das curtas tamén fomos solidarios e colaboramos co banco de alimentos levando produtos de hixiene íntima. Que orgullosxs estabamos!

 

Durante toda esta semana seguimos traballando na aula con divertidas actividades relacionadas co FIC. 

MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS!

 

FIC BUEU

 O xoves 21 de setembro a rapazada de terceiro fomos convidados coma todos os anos ao Festival Internacional de Cinema de Bueu.

Coma sempre, é unha excursión que nos encanta!!

Antes de ver os curtos traballamos en clase os diferentes valores que íamos ver, para poder identificalos ese día.

Á volta, fixemos unha votación e o gañador foi "BOOM", un curto divertidísimo que nos encantou a todxs!

ATA O ANO QUE VEN!!

SAÍDA AO FIC

Curtas para pensar, sentir e rir. Iniciamos as primeiras actividades do curso coa saída ao FIC. Unha vez máis o alumnado e o profesorado levámonos unha experiencia enriquecedora e sensible.

 

 

 

INFORMACIÓN PRINCIPIO DE CURSO

Ola familias!

Como quedamos na reunión do martes 19 de setembro publicamos aquí a presentación coa información que demos na reunión para que a poidades consultar se tedes dúbidas.

Premede na imaxe para consultala.

BENVIDXS A CUARTO! REUNIÓN PRINCIPIO DE CURSO

Clicando na imaxe poderedes acceder á presentación da reunión de comezo de curso.

BENVIDA CURSO 2023-24

E como tódolos anos ao remate do verán toca comenzar un novo curso, Neste retomaremos a implantación progresiva da nova Lei Educativa, a LOMLOE nos cursos pares 2º, 4º e 6º de E. Primaria, completando así este proceso en todos os niveis. Neste curso o proxecto de centro será “ As olimpíadas de Papirus”. Con el pretendemos investigar, descubrir, explorar e practicar algo máis sobre este evento deportivo de carácter internacional.

E sen máis comenzamos un novo curso coas pilas cargas e cheos de enerxía, desexando que sexa para todos-as un curso digno dunhas olimpíadas exitosas.

Na parte de abaixo, no arquivo adxunto deixamos información sobre a área de E. Física e normas de funcionamento xeral relativas ás nosas clases.

                                Os-as mestres-as de Educación Física.

6º VISITA METEOGALICIA

O día 20 de xuño o alumnado de 6º viaxou xunto coas súas mestras a Santiago de Compostela. O primeiro que fixeron foi visitar Meteogalicia onde recibiron unha charla informativa, e tiveron a oportunidade de ver como se lanza unha radiosonda meteorolóxica que, impulsada por un globo, proporciona información sobre o estado da atmosfera. A rapazada seguiu con moito interese o percorrido da radiosonda, gozou moito desta actividade e espertoulles curiosidade.

Só nos queda agradecerlle ao persoal de Meteogalicia o seu recibimento e atencións para co alumnado e profesorado.

Proxecto NUBES II

Os Furabolos da Pedra, de 4º de infantil, presentan a segunda parte do seu proxecto sobre as nubes. Premede no enlace para poder velo!

 

http://osfurabolosdapedra.blogspot.com/2023/05/proxecto-nubes-ii.html?m=1

 

Precioso proxecto, profes Teruca, María e Furabolos!!!

Os Pelouros e a Meteoroloxía

Neste curso, os Pelouros de 4º Infantil observaron o tempo cada día. Ao rematar o mes facían un reconto con diversos materiais manipulativos como palliñas, regletas, pauciños...

Nos seguintes enlaces, podedes ver as entradas que fixeron no seu blog cada mes:

- Outubro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2022/10/meteoescolas-o-tempo-en-outubro.html

 

- Novembro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2022/11/meteoescolas-o-tempo-en-novembro.html

 

 - Decembro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/01/meteoescolas-o-tempo-en-decembro.html

 

- Xaneiro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/02/meteoescolas-o-tempo-en-xaneiro.html

 

- Febreiro

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/03/meteoescolas-tempo-en-febreiro.html

 

- Marzo

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/04/meteoescolas-o-tempo-en-marzo.html

 

- Abril

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/06/meteoescolas-o-mes-de-maio.html

 

- Maio

 http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/06/meteoescolas-o-mes-de-maio.html

 

Gran traballo da profe Toñi e os Pelouros!!

SAÍDA FIN DE CURSO

O martes 13 de xuño o alumnado de 1º fomos de excursión.

A primeira parte da saída foi ao Castelo de Soutomaior, onde puidemos visitar un castelo guiados por Ana. Previo á saída traballamos un pequeno proxecto sobre os castelos na aula que rematou con esta visita. Gustounos moito e puidemos gozar da variedade de plantas que hai nos seus xardíns, quedamos impresionados coas sequoias!

A continuación merendamos e visitamos o Museo Meirande. Un pequeno espazo moi ben preparado dentro dunha antiga conserveira e que centra a información na batalla que tivo lugar en Rande. Aprendemos moito!

Para rematar a xornada subimos ao Parque Forestal do Vixiador, onde comemos, xogamos, puidemos gozar da natureza, dos cabalos, e fixemos un roteiro ata o miradoiro.

Moi contentos volvemos cantando no autobús ata chegar a escola. Foi un gran día!

Podedes ver as imaxes neste vídeo. Premede en Papirus para podelo ver!

Distribuir contido