Blogues

PROXECTO CORPO HUMANO

 

Durante este primeiro trimestre en 4º estivemos realizando un proxecto sobre O Corpo Humano. Tras realizar varias actividades de búsqueda de información, vídeos, montamos un esquelete cos ósos, músculos, traballamos os diferentes aparellos e rematamos traballando por equipos ou parellas sobre os Sentidos. O resultado foi moi positivo e ao rematar quixeron expoñer en diferentes aulas o aprendido.

 

Este é o produto final dos traballos nas aulas, esperamos que vos guste.

 

Por outra banda algúns dos nenos e nenas quixeron gravar de forma voluntaria estes pequenos vídeos para publicar. Parabéns a todos e todas porque o facedes xenial!

 

Á volta do Nadal, iremos á radio a gravar as curiosidades aprendidas neste proxecto. Pero agora é tempo de descansar e gozar da familia e amigos.

 

FELICES FESTAS A TODXS E BO NADAL!

 

PANXOLIÑA EN LSE

Ao longo destes últimos días de clase, a nosa intérprete, Rosa, gravou un videoclip en LSE co alumnado de 4º. Estou segura de que coñecedes esta divertida panxoliña... "Volver a casa por Nadal". 

Agardamos que vos guste o resultado!!

 

FESTIVAL DE NADAL

Este mércores celebramoso festival de Nadal do noso cole.

Coa profe Elsa ensaiamos o Himno da Alegría e unha panxoliña coa música de OBLADI- OBLADÁ dos Beatles. Estabamos moi nerviosas e nerviosos pero pagou a pena. Cremos que nos saiu moi ben. 

 O mellor de todo e que o pasamos xenial, actuando e vendo como o facía  o resto das clases do cole.

Clicade nas imaxes para vernos.

 

 

GUÍAS DE LECTURA EN GALEGO

Por fin chegaron!

Como cada ano os Equipos de Dinamización lingüística do Morrazo xúntanse para buscar as novidades publicadas en galego. Sabemos que é un traballo duro e que o fan con todo o seu amor polas crianzas e polo noso idioma.Dende este blog queremos mostrarlle o noso agradecemento.

Estas guías convértense nun perfecto agasallo para que nos traia O Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos.

Clicade na imaxe para ver o que nos aconsellan en primaria.

METEOESCOLAS QUENDA DE 4º DE PRIMARIA

A última semana de novembro tocounos ao alumnado de 4ºA rexistrar o tempo.

Como ben sabedes o que máis nos gusta é o pluviómetro pero xusto esa semana deixou de chover. Xa foi mala sorte! Pola contra o que si puidemos observar foi unha gran baixada de temperaturas de noite e polo mañá cedo, que se tornaban altas polo medio grazas ao Sol.

Todos os días tocábamos a herba e comprobábamos que estaba mollada pola condensación do vapor de auga. Veunos moi ben para repasar o ciclo da auga.

O alumnado de 4ºB si que tivemos mías sorte porque o pluviómetro si que volveu a conter auga grazas ás borrascas que entraron na nosa semana.

Como en anos anteriores rexistramos todos os datos recollidos na caseta meteorolóxica.

Volveremos en abril e será moi intereresante comparar a diferenza de tempo atmosférico do outono á primavera.

 

PROXECTO O UNIVERSO

PROXECTO O UNIVERSO

Neste primeiro trimestre, a rapazada de terceiro indagamos sobre o universo. Foi un tema que nos encantou e estivemos moi motivados. Vimos vídeos, fixemos búsquedas e un cuadernillo e o mellor: realizamos un libro de lapelas alucinante!!

Tamén xogamos coas cartas Plicker e respondemos a algúns Kahoots para demostar o que aprenderamos: foi super divertido e encantounos!

Ollade as seguintes fotos!

VOLEIBOL

 Este ano o programa XOGADE  ofreceunos a posibilidade de realizar por cursos, actividades en centro de distintos deportes. Asi  foi como nas  tres últimas semanas de novembro os de 5º de Primaria, tiveron a visita de Mickel do CLUBE VOLEIBOL MANIOTAS, para ensinarnos algo máis sobre este deporte, que se pode xogar en pista, area ou incluso en herba. Grazas Mickel por compartir con nós a túa experiencia.

 

 

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes de novembro a rapazada de 3º fomos á aula de ciencias para realizar algúns experimentos.

O primeiro foi o de “Leite de cores” no que vimos como as cores, ao tocalas cun isótopo mollado con xabón parecían estoupar.

Tamén xogamos coa electricidade estática: o que mellor funcionou foi frotar o globo cos pelos (sobretodo se eran longos!) e despois pegábanse os papeliños. ¡Que divertido!

Para finalizar, recortamos unha flor de papel, doblámola e ao métela na auga abría soa, foi espectacular!

Pasámolo en grande!

Aquí vos deixamos dous vídeos para que vexades  as nosas reaccións.

 


MES DA CIENCIA

Novembro foi un mes moi, moi especial! Conmemoramos  a ciencia en galego, polo que fixemos moitos experimentos.

  • A candea apagada
  • Líquido non newtoniano
  • Neve
  • Papel que non se molla
  • Chuvia 
  • Erupción do volcán
  • Peixes flotantes
  • Debuxos vivos
  • Ovo saltarín
  • Arco da vella no leite

APRENDEMOS E DIVERTÍMONOS

Clicade nas seguintes imaxes para ver algún dos momentos vividos na aula de ciencias.

Conseguirá decembro ser tan especial?

Manterémosvos informados!

NELAS TEMOS QUE CRER

Grazas a iniciativa de Elsa, mestra de música, á dinamización do Equipo de Normalización lingüística e a colaboración de todo o alumnado do cole, fixemos esta canción que leva por título:

NELAS TEMOS QUE CRER

Deste xeito conmemoramos o 25 DE NOVEMBRO pero sobre todo lembramos que hai moitas mulleres que seguen sufrindo violencia polo feito de seren mulleres.

Cada verso da canción foi realizado por unha aula do centro e a música foi composta por ELSA.

 

Distribuir contido