Blogues

ILLAS ATLÁNTICAS

 

Hoxe viñeron a traernos as Illas Atlánticas ata as nosas aulas de terceiro.

Comenzaron falándonos da súa situación e dos diferentes tipos de flora e de fauna que se poden atopar nas illas. Despois, xogamos a pescar imaxes de animais e situabámolas segundo onde vivían. Ao final, vimos un vídeo con moitas especies autóctonas no seu hábitat natural.

Encantounos a visita, aprendemos moitísimo xogando! 

 

CHARLA: PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRES DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Esta mañá recibimos a  visita de Ana e Framil, para falarnos do PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Primeiro explicáronnos que condicións tiña que ter un parque nacional:

·       Ten que ser un espazo natural.

·       Debe ser grande

·       As plantas e os animais son propios do lugar.

·       Teñen que estar moi ben conservados . Foron elixidos para ser exemplo.

O parque nacional das Illas Atlánticas están formadas polas seguintes illas :

vIllas Cés

vIllas Ons

vIllas de Sálvora

vIlla de Cortegada

Despois faláronos dos distintos hábitats que atopamos  neste parque protexido.

ØPraias e dunas

ØMatogueiras

ØCantís

ØBosques

ØFondos de area

ØFondos de rochas e algas.

Rematamos facendo un xogo.

No seguinte vídeo poderedes ver as fotos deste día.

 

Mañá de cine!

Fai uns días o alumnado de sexto tivo unha "mañá de cine"! 

Grazas a todas as persoas que participan e fan posible o FIC, puidemos gozar dunhas curtas educativas e que animaban á reflexión social.

CHARLA DO CLUBE CORREDOIRAS

Dentro das actividades programadas polo proxecto AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS o alumnado de 4º, recibimos a visita de tres membros do clube de Atletismo de Bueu, Corredoiras.

Esta visita foi posible grazas a Luis Becerro, pai da nosa compañeira Lía,  que viu acompañado de Manolo Otero, membro fundador do clube e por Ricardo Verde, actual presidente de Corredoiras e ademais concelleiro de deportes do Concello de Bueu.

 

Manolo empezou falándonos sobre a historia do atletismo. Díxonos que correr, saltar e lanzar eran actividades que realizaba o ser humano dende a prehistoria para cazar e sobrevivir. Falounos tamén das olimpíadas da antigüedade e das modernas.

 

Tamén nos contou que é un deporte individual e que o deportista compite sempre consigo mesmo, intentando superarse.

 

Foi despois a quenda do papi de Lía.

 Luis foi mostrándonos a través dunha serie de imaxes o que que fan no clube Corredoiras.  Organizan competicións como a de Ons, Udra, San Martiño, …

 

Tamén van, como clube, a carreiras  en distintos lugares como Leiro, Vilagarcia, …

 

Falounos dos valores do deporte:

 

 Tenacidade

 

Superación

 

Compañerismo

 

Esforzo ...

 

Contounos que practicar o atletismo é moi sacrificado  para el e para a súa familia porque se pasa moitas horas adestrando. Pola contra este deporte permitiulle coñecer a moita xente e diferentes lugares.

 

Gústalle ir ás maratóns e adoita facelo unha vez ao ano.

 

O maratón de Sevilla rematouno cunha marca de 2 horas e 30 minutos!  UNHA MARCAZA!

 

Mostrounos as zapatillas coas que corre. Puidémolas tocar e comprobar que eran moi lixeiras.

 

 

Regaláronnos camisetas, unhas tazas, asinaron autógrafos e sacáronse unha foto con nós. Que mais queremos!

Desta charla motivadora esperamos que saian moitxs deportistas,  pois todo o que nos aporta é positivo.

MOITÍSIMAS GRAZAS!

 

 

 

Entroido

Malia o mal tempo, desfrutamos moito preparando o Entroido e na festa que fixemos!

Elaboramos xabón

 

 

Hoxe viñeron de "Ponte a zero" a falarnos da limpeza ecolóxica para o fogar. Explicáronos como ler o etiquetado dos produtos de limpeza domésticos, e das alternativas máis respectuosas co noso medio. Sabiades que o vinagre é un excelente limpador? E que a lavanda é un anticouza formidable?

O máis divertido foi a elaboración do xabón. Dentro dunhas semanas coñeceremos o resultado!

Non hai fronteiras!!

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día da paz. Ademais de ler os manifestos de cada clase e cantar todos e todas xuntos, ofi mío emocionante porque coñecemos a Olalla, das Tanxugueiras. 
Olalla, garzas por ser tan riquiña con nós!

 

DÍA DA PAZ

Hoxe na escola celebramos o DÍA DA PAZ.

O alumnado de 2º colaboramos redactando dúas pequenas estrofas que despois recitamos diante do resto da escola e cuns personaxes para o mural UNIDXS POLO DEPORTE!

 

2ºA

Co deporte aprendemos a convivir en paz,

a facer amigos e non inimigos

a divertirnos xogando limpo

e a non rexeitar a ninguén.

 

2ºB

O deporte ensínanos a esforzarnos,

a saber perder e gañar,

a traballar en equipo

e que todos e todas podemos participar.

 

Ademais, saímos a cantar ao patio as cancións elixidas para este día, en inglés e en galego... e recibimos a sorpresa da visita de Olaia, unha das Tanxugueiras, que veu cantar canda nós para ver se entre todos e todas conseguimos a Paz.

Desexamos que chegue cedo a Paz a todos os rincóns do mundo!

CLUBE ATLÉTICO BALONMÁN

     CLUBE ATLÉTICO BALONMÁN

Esta semana  tivemos a visita de dous compoñentes do Clube Atlético Balonmán de Bueu, Jota e Marta  (unha exalumna do noso cole). Viñeron para amosarnos o deporte que eles practican, o BALONMÁN e convidarnos a probalo no pavillón de Bueu ou no de Beluso. Fomos pasando por cursos polo ximnasio  e a verdade é que resultou unha sesión moi divertida. Grazas pola vosa visita e por ensinarnos o que se fai nun adestramento dun dos deportes que podemos practicar na nosa vila.

 

 

 

 

 

Visita da Garda Civil!

Hoxe contamos cunha visita especial. A Garda Civil pasouse polo noso centro para informarnos sobre a importancia de identificar e actuar ante unha situación de acoso.

Dunha forma sinxela, amena e coidada, crearon un espazo de diálogo e aprendizaxe ben interesante.

Moitas grazas polo voso traballo!

Distribuir contido