O pasado día 24 de novembro, día mundial das bibliotecas, aproveitamos no centro para facer o acto inaugural da nosa biblioteca.
En primeiro lugar, "RAIOTECA", deu a benvida aos novos lectores recentemente incorporados ao noso centro e a continuación os alumnos de sexto leeronnos o conto "Letras al carbón". Continuamos cunha "regueifa", onde o alumnado de cuarto e quinto xogan coas vocais.
Rematamos cantando a canción de "Don Ramón".
FELICES LECTURAS.
Tedes as fotos e os vídeos nas respctivas galerías: FOTOS e VÍDEOS.
Coma sempre deisámosbos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado venres 19 de xuño, celebramos no centro unha xornada de convivencia, organizada polo equipo de convivencia do centro, entre toda a comunidade educativa do centro. Coma en anos anteriores o alumnado, por grupos, participou no desenrolo dos seguintes xogos: brilé, o peón, as cinco esquinas, a pita cega, as chapas, tres en raia, o paracaídas e tiro da corda.
Rematamos a sesión de xogos con dous xogos de exhibición: As garrafas e carriera da culler.
Ao finalizar os xogos toda a comunidade educativa, alumnos, mestres e familias, participamos nunha merenda, aportada polas familias.
Grazas ao profesorado e as familias que colaboraron con nós na realización dos xogos.
Como sempre tedes as fotos e os vídeos dispoñibles nas súas respectivas galerías: FOTOS VÍDEOS
FELICES VACACIÓNS.
O pasado mércores, 17 de xuño, celebramos no centro as graduacións de 6º de Infantil e 6º de Primaria.
En primeiro lugar celebramos u certamen musical a cargo dos profesores da "Escola de música Xarío", Isabel e Fernando. Varios alumnos do centro interpretaron diferentes pezas musicais.
A continuación tivo lugar a entrega de dipolomas aos nosos graduados, a cargo das súas respectivas titoras.
Rematamos, levando ao noso alumnado, a unha viaxe marabillosa polo mundo, a través da música. Os diferentes cursos, interpretaron, baixo a dirección de Isabel Galán e a colaboración de Isabel e Fernando, diferentes "cancións do mundo". O alumnado de infantil levounos a Brasil coa canción "A cobra nao tem pé". Os de primeiro e segundo leváronnos ata Nueva Zelanda coa canción "Epo i Taï Taï é". O alumnado de 3º e 4º viaxaron ata Italia coa canción "Il canto del cucú". Cos de 5º e 6º, viaxamos ata Suráfrica e cantáronnos a canción "Siyahamba". Rematamos todos xuntos nun viaxe a Haití e cantamos "Angélique oh!".
Como sempre tedes as fotos e os vídeos na galería: FOTOS; VÍDEOS
A continuación tedes unha pequena presentación da xornada e rematamos coa presentación de 6º de infantil e 6º de primaria onde relatamos en imaxes o paso deste alumnado polo noso centro.
FELICES VACACIÓNS e vémonos o día 11 de setembro.
GRADUACIÓNS 6º DE PRIMARIA
Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.
Tedes todas as fotos e os vídeos da actividade nos seguintes enlaces: FOTOS, VÍDEOS
O pasado venres 6 de marzo, reibios no centro a "Serafín Alonso" que contou ao alumnado de 4º, 5º e 6º, a súa experiencia na pesca de altura.
Serafín ten 55 anos, nado en Campelo, un pobo mariñeiro de poio en Pontevedra.
Comezou a traballar con 12 anos na pesca de baixura. Pescando sardiñas, xardas e xurelos principalmente. Aos 15 anos embarcouse en alta mar, foise a Sudáfrica adicándose a pesca da merluza. Alí estivo ata os 18 anos que foi reclutado pola mariña, onde fixo o servizo militar.
Logo do servizo militar retornou ao mar. Desta volta a Arxentina adicándose a pescar langostinos e merluzas nun barco arxentino, xestinado por unha empresa española.
Durante varios anos estivo embarcado en barcos de distintas empresas. Sempre en alta mar e en zonas como Terranova, Sur De América o Sur de África. Estivo en case todos os mares expecto no Pacífico e no Gran Sol.
Actualmente traballa no Índico como mariñeiro dun barco atuneiro. Compre lembrar o perigo de faenar nestas latitudes, xa que existe un grave problema de pirataría.
Grazas Serafín, por compartir con nós as túas experiencias.
Podedes ver as fotos na GALERÍA.
Tamén podedes os VÍDEOS.
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
O mércores 24 de febreiro, dentro do Plan de Divulgación e Sensibilización da Consellería de medio Rural o noso alumnado recibiu unhas charlas e demostracións prácticas, de Prevención dos incendios forestais.
Na parte teórica o noso alumnado aprende os beneficios dos bosques e cal é o seu primeiro inimigo: o lume.
Na parte teórica aprenderon como se ataca o lume, cal é o equipamento necesario e o coche dos que dispoñen as cuadrillas.
Unha experiencia moi interesante que esperamos poder repetir en vindeiros anos.
Grazas a cuadrilla do "Distrito Forestal I de Ferrol.
Podedes ver as fotos na GALERÍA.
Deixámosvos cunha pequena presentación da xornada.
O pasado Luns 15 de decembro, recibimos a visita da asociación musical "MISICREQUES". Nesta ocasión Alma e Loreto, interpretaron para nós, a través da música, a obra "Iván e o lobo gris".
Unha xornada estupenda chea de ledicia e sorpresa.
Grazas a Alma e Loreto.
Tedes as fotos na GALERÍA.
Deixámosvos cunha pequena presentación da obra.
O pasado 25 de novembro celebramos no cole a "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO". Nesta ocasión unha representación do alumnado do centro, representou a obra "UNHA FELIZ CATÁSTROFE".
A continuación todos xuntos cantamos a canción de "Mago de OZ", "HOY TOCA SER FELIZ".
Tedes as fotos na GALERÍA.
Podedes ver o vídeo no seguinte enlace: UNHA FELIZ CATÁSTROFE.
Deixámosvos cunha presentación da xornada.
O pasado 24 de novembro, día das bibliotecas, no CEIP Plurilingüe de Andrade celebramos unha xornada moi especial. O alumnado de sexto leunos unha carta de raoiteca.
A continuación visitaron unha biblioteca chea de libros e aventuras, cun bibliotecario dormido.
Recitamos o poema "Caminate no hay camino" e rematamos coa canción "Don Ramón" que adicamos a nosa bibliotecaria "Encarna".
Tedes as fotos na Galería.
Atoparedes os vídeos na Galería de vídeos.
Deixámosvos cunha pequena presentación de fotos.
Bicos Raoilectores.